GlobeSurferHoxe en dí­a moitas persoas precisan internet no seu portátil en calquera parte, para iso as compañí­as de telefoní­a móbil ofrecen un modem USB para que te poidas conectar. O malo disto é que se dentro dun tempo queres cambiar de compañí­a non podes ou terás que mercar o modem USB da nova compañí­a.

Grazas á Nova Media a cousa xa non ten porque ser así­. O GlobeSurfer ICON 7.2 é un modem USB que permite conectarse ás redes GPRS, EDGE, UMTS e HSDPA. O que esta ben xa que estas redes de última xeración coma a HSDPA alcanzan as velocidades do ADSL. Pero o mellor de todo é que non esta ligado a ningunha compañí­a telefónica polo que podes usar calquera, e se decides cambiar de compañí­a o modem vaiche servir igual.

Este tipo de dispositivos permite que o teu ordenador se conecte ás redes que usan os telefonos móbiles e así­ poder estar conectado a Internet. Estes dispositivos traen unha ranura onde meter a nosa tarxeta SIM, a que temos no móbil, polo que o prezo de conexión dependerá da compañí­a e da tarifa que teñamos contratada.

í‰ compatible con Windows e con Mac OS X. Unha boa solución para os que precisen internet en calquera parte do mundo e dispoña de tarxetas SIM de diferentes compañí­as, aí­nda que custe uns 300 euros.

Ví­a: Código Cero.
Máis información: Nova Media.