Hoxe en día moitas persoas precisan internet no seu portátil en calquera parte, para iso as compañías de telefonía móbil ofrecen un modem USB para que te poidas conectar. O malo disto é que se dentro dun tempo queres cambiar de compañía non podes ou terás que mercar o modem USB da nova compañía.
Grazas á Nova Media a cousa xa non ten porque ser así. O GlobeSurfer ICON 7.2 é un modem USB que permite conectarse ás redes GPRS, EDGE, UMTS e HSDPA. O que esta ben xa que estas redes de última xeración coma a HSDPA alcanzan as velocidades do ADSL. Pero o mellor de todo é que non esta ligado a ningunha compañía telefónica polo que podes usar calquera, e se decides cambiar de compañía o modem vaiche servir igual.
Este tipo de dispositivos permite que o teu ordenador se conecte ás redes que usan os telefonos móbiles e así poder estar conectado a Internet. Estes dispositivos traen unha ranura onde meter a nosa tarxeta SIM, a que temos no móbil, polo que o prezo de conexión dependerá da compañía e da tarifa que teñamos contratada.
í‰ compatible con Windows e con Mac OS X. Unha boa solución para os que precisen internet en calquera parte do mundo e dispoña de tarxetas SIM de diferentes compañías, aínda que custe uns 300 euros.
Vía: Código Cero.
Máis información: Nova Media.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario