Ventilador USBNon hai nada peor que un dí­a caluroso de verán diante do ordenador, por iso recomendo hoxe este trebello, aí­nda que non sexa unha novidade.

Agora que chega a calor non hai nada mellor que un ventilador conectado ao ordenador por USB. Pequeno, cómodo e refrescante.

Aí­nda que Galicia non é un paí­s caluroso, si que se nota, e moito, a calor cando chega, e sobre todo agora con isto que lle chaman cambio climático.

Os ventiladores quizais foron dos primeiros trebellos por USB que apareceron, por iso hainos de moitos tamaños, de moitas formas e de moitas cores. Son fáciles de atopar nas tendas de informática ou mesmo nos bazares chinos. Por iso, esta entrada serve de recordatorio para que os que teñan que pasar o verán diante do ordenador saiban que poden calma-la calor,

e non só con auga.

Máis información: Google.