Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Xa é oficial: Dell preinstalará Ubuntu

Ubuntu e DellEra algo que xa se sabí­a pero que non era oficial. Que Dell í­a vender ordenadores e portátiles con Ubuntu pre-instalado era un ruxe-ruxe que corrí­a dun blog a outro dende que a propia Dell abriu o IdeaStorm, unha especie de Chuza! pero de ideas para Dell.

No IdeaStorm o que máis se votou foi que os ordenadores e portátiles viñeran con Linux instalado. Uns meses despois, Dell confirma, por medio do seu blog, que nas próximas semanas os ordenadores e portátiles Dell terán a opción de vir con Ubuntu 7.04. Isto é grazas a un acordo de Dell e Canonical. Demomento só estará dispoñible para os estadounidenses, pero agardase que pronto esta opción estará operativa para o resto do mundo.

Unha boa nova para os amantes de Linux que xa están fartos de pagar a licenza do Windows que nunca utilizarán.

Máis información: Direct2Dell.
Máis información: Ubuntu.


Publicidade

Comentarios