A moda de enchufar cousas por USB non para, agora tócalle ás guitarras eléctricas. Se es un virtuoso do rock&roll ou un aficionado aos punteos, esta guitarra é á solución aos problemas de conectar (e gravar) a túa guitarra ao ordenador. Simplemente conectando a guitarra por un cable USB ao ordenador xa poderás gravar todo o que fagas para escoitalo logo e compararte
con Jimmy Hendrix.
A principal función da I-Axe é poder conecta-la ao ordenador por USB, pero ademáis ten unha saida jack para auriculares. O cable é de un metro e medio aproximadamente, pero pódese aumentar xa que no mercado existen alongadores de cable USB. O seu prezo ronda as 100 libras inglesas.
Grazas a esta guitarra poderás toca-la mentres soa música no teu ordenador, editala facilmente, grava-la, etc. Ideal para os músicos que non queren complicación á hora de gravarse.
Vía: Ounae.
Máis información: I Want One Of Those.
3 Comentarios
An
2 de May de 2007 ás 16:48
1pufff deixo un pouco tempo sen entrar e cando me decato tedes esto cheo de trebellos 🙂 gustoume o chabeiro inda que é un chisco caro…xa se a ver
Dengio
3 de May de 2007 ás 9:24
2Esa guitarra ten unha pinta xenial. E digo eu… pódese tocar sen tela enchufada ó compiuter?
Iago Laz
3 de May de 2007 ás 12:46
3Dengio, pois supoño que si. Ten unha saÃda jack que se pode conectar a uns auriculares e supoño que tamén se poderá conectar a un amplificador.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios