Sony ven de presentar tres modelos de cámaras de vídeo que graban en alta definición: en concreto os modelos HDR-SR8, SR7 e SR5. Estas cámaras de vídeo destacan pola capacidade dos seus discos duros, que abranguen capacidades de 100XB na SR8 (que según a compañía permite almacear ata 38 horas de vídeo de alta definición), ata os 60XB da SR7 e os 40XB da SR5.
As cámaras destacan tamén polas pantallas LCD de 2.7″ e unhas magníficas lentes Carl Zeiss como ven sendo normal en Sony. A grabación se fai en formato AVCHD e a conectividade é vía USB 2.0, o que está moi ben en temas de conectividade, pois é un formato universal, mais cicais non estaría de máis que tivese FireWire, pois úsase moito na edición de vídeo.
Máis información: Quesabesde
Máis información: Sony HDR SR8
Máis información: Sony HDR SR7E
Máis información: Sony HDR SR5E
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario