chaveiroSon moitas as persoas que levan fotos na súa carteira, fotos dos seus amigos, do mozo ou da moza, dos seus familiares, etc. Pero agora, grazas a este trebello, poderemos levar as fotos no noso chaveiro xunto as nosas chaves.

O Brookstone Digital Photo Keychain é un chaveiro cunha pantalla LCD de 1.4” e unha memoria flash de 8 MB que permite gardar e mostrar unhas 56 fotografí­as. Ten unha baterí­a interna e para transferir as fotografí­as basta con conectar por USB o trebello ao ordenador.

Para non olvidarnos de ninguén e levar sempre con nós aos seres queridos (ou non). Iso si, ten un prezo algo elevado para un chaveiro, custa 50 dólares, uns 37 euros.

Ví­a: TecnoGadget.
Máis información: Páxina do trebello.