Marco de 15 pulgadas

Xa existen moitos marcos dixitais de diferentes marcas e con varias funcións (son, conexión a internet…) pero a particularidade deste trebello é o seu tamaño. Cando a maioria dos marcos dixitais rondan os 7, 8, 10 pulgadas, este marco dixitial ten 15 pulgadas.

Un marco dixital ten a utilidade dun marco de fotos normal e corrente pero as fotos, evidentemente, son dixitais coa posibilidade de que cada X tempo cambie a fotografí­a ou mesmo reproducir video (con ou sen son). Este trebello, o PAN-150 de Pandigital, concretamente ten un tamaño de 15 pulgadas para mostrar fotografí­as con resolución de 1.024í—768, ten unha memoria interna 256 MB que podemos ampliar grazas ao porto USB e o lector de tarxetas de memoria (SD, MMC, etc.). Pode reproducir video e tamén reproducir ficheiros MP3 polo que podemos ter un fio musical mentres se mostran as nosas fotografí­as.

Custo 300 dólares (é barato para este tipo de trebellos) e é ideal para esas fotos grandes da comunión ou da voda ou simplemente para fotografí­as de paisaxes e atardeceres preciosos.

Máis información: PanDigital