Hai alguén por aquí que usou algún telefono antigo, dos da roda de números e os auriculares grandes? Quizais na casa dos avós coma é o meu caso, pero grazas a este trebello xa podemos emular aquelas chamadas co noso propio móbil.
Este trebello friki (outra cousa non é) só sirve para iso, para ser friki. Os
Bluetooth Retro Handset conectanse ao teu móbil por tecnoloxía bluetooth para poder falar (recibir e enviar chamadas) por eles e veñen cun cable USB para cargar a batería dende un ordenador. Friki pero real.
Isto ten o seu aquel, imaxinade ir falando con este trebello
polas rúas da túa cidade (vila, aldea, etc.), as caras das persoas teñen que ser impresionantes. Ou chegar a unha reunión e que che soe o móbil e saques estes auriculares e sen inmutarte digas o de “sintoo pero agora non podo falar, estou nunha reunión”.
Agora que está de moda todo o retro, quen se pode resistir a mercalos por $35?
Máis información: ThinkGeek.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario