Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Novo disco duro externo de Toshiba

Seguindo co comezado por Andrés hai un par de dí­as, imos continuar con máis novas sobre o mundo dos discos duros externos.

Toshiba

A última compañí­a en incoporarse á tendencia é a todopoderosa Toshiba que acaba de presentar o seu Toshiba USB 2.0 Portable External Hard Drive. Con capacidades que van dende os 100 ata os 200 XB cuns prezos de entre $100 e $230 dólares respectivamente, atopámonos con este trebello que ven a incrementar todaví­a máis a competencia nun sector que cada vez gaña máis adeptos e importancia. Unha das principais caracterí­sticas que presenta é a súa superficie rugosa e resistente ás raiaduras, poidendo así­ resultar moi cómodo e seguro nos transportes e viaxes. Ademáis ven montado nun chase de aluminio negro , o que facilita a súa refrixeración, mellorando o rendemento. Aí­nda que todaví­a non se coñecen datas sobre a súa aparición no mercado europeo e español, non cabe duda de que non tardará moito en aparecer nas nosas tendas. Máis información: Toshiba


Publicidade

Comentarios