GPS NokiaCada vez máis móbiles veñen con tecnoloxí­a GPS, pouco a pouco estáse a convertir nunha funcionalidade case imprescindí­bel

dun móbil como xa é a cámara de fotos ou o reprodutor mp3. E Nokia parece que quere que sexa así­.

Vai pouco Nokia lanzou a aplicación gratuita smart2go de mapas que se pode conectar a un dí­spositivo GPS por medio de bluetooth, apostando claramente por esta tecnoloxí­a. E agora é Route 66, o proveedor do software GPS de Nokia, quen afirmou que todos os próximos móbiles de Nokia terán un chip GPS integrado, xa sexan móbiles de gama alta ou de gama baixa.

Pouco a pouco os móbiles van desvancando a outros gadgets do mercado, xa case o fixeron coas PDAs e parece que pronto o farán cos dispositivos GPS.

Ví­a: Xataka Móvil.
Máis información: Electronista.
Máis información: Route 66.