Nokia E65Dende fai uns poucos dí­as o operador Yoigo xa ten no seu catálogo un dos últimos móbiles de Nokia, o E65.

Pra quen non coñeza este terminal destacarí­a, entre as súas caracterí­sticas, a completa conectividade Wi-Fi, Bluetooth, Infravermellos e USB, polo que estou seguro que non teremos ningún tipo de problema alá onde queramos conectar noso terminal ou visitar algunha web.

Polo tanto, ademais por ser un terminal 3G, poderemos disfrutar de videochamadas cunha das súas cámaras (a cámara pra fotos e ví­deo é de 2 megapí­xeles, cicais algo escasos pra ser un novo terminal), ou por exemplo facer chamadas VoIp grazas á capacidade de Wlan (redes sen fí­os) que o propio teléfono incorpora.

Como tódolos teléfonos da serie E de Nokia, este teléfono está especialmente indicado pra persoas de negocios, incluí­ndo aplicacións ideais pra a xestión de correo electrónico e de documentos de ofimática. Outras empresas, coma Vodafone, só deixan mercar este teléfono se se ten un plan de empresa, mais Yoigo permí­teo mercar a calqueira persoa, eso si, por un prezo de 199 euros en contrato; un trebello que, ao meu parecer, ten unha boa relación calidade-precio neste operador.

Máis información: Tenda de Yoigo
Máis información: Nokia