Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Nokia E65, xa en Yoigo

Nokia E65Dende fai uns poucos dí­as o operador Yoigo xa ten no seu catálogo un dos últimos móbiles de Nokia, o E65.

Pra quen non coñeza este terminal destacarí­a, entre as súas caracterí­sticas, a completa conectividade Wi-Fi, Bluetooth, Infravermellos e USB, polo que estou seguro que non teremos ningún tipo de problema alá onde queramos conectar noso terminal ou visitar algunha web.

Polo tanto, ademais por ser un terminal 3G, poderemos disfrutar de videochamadas cunha das súas cámaras (a cámara pra fotos e ví­deo é de 2 megapí­xeles, cicais algo escasos pra ser un novo terminal), ou por exemplo facer chamadas VoIp grazas á capacidade de Wlan (redes sen fí­os) que o propio teléfono incorpora.

Como tódolos teléfonos da serie E de Nokia, este teléfono está especialmente indicado pra persoas de negocios, incluí­ndo aplicacións ideais pra a xestión de correo electrónico e de documentos de ofimática. Outras empresas, coma Vodafone, só deixan mercar este teléfono se se ten un plan de empresa, mais Yoigo permí­teo mercar a calqueira persoa, eso si, por un prezo de 199 euros en contrato; un trebello que, ao meu parecer, ten unha boa relación calidade-precio neste operador.

Máis información: Tenda de Yoigo
Máis información: Nokia


  1. johnymepeino o 15 de April de 2007

    Teño dúas preguntas que facervos:

    ¿Me recomendais yoigo? (esquecerme de orange, movistar, vodafone)

    ¿Por qué carallo os anuncios saen en español? 😀

  2. Andrés Milleiro o 15 de April de 2007

    Óla Johny, ante todo graciñas por te interesar en Trebellos :).
    Respecto ao de Yoigo, eu fun cliente de Yoigo e teño un segundo teléfono con eles…se agardas un pouco xa me deches a idea pra unha entrada en Trebellos ;).
    E respecto ao segundo…pois porque non hai anuncios en galego, ao menos polo dagora, non existen na rede…existe unha empresa, mais é unha longa historia. De tódolos xeitos, entre os banners que rotan hai uns en portugués, para quen queira :).

  3. johnymepeino o 16 de April de 2007

    A miña segunda pregunta era intencionada, paréceme un negocio sen explotar (na nosa Costa Este ocorre tamén). Os individuos que dediquen un pouco de esforzo a ese campo seguro que triunfarían en blogs.
    Os publicistas teñen pouca vista neste campo. Eu non sei linguas, e podo comentar en todas as linguas grazas a Opentrad (¿A que inspiro confianza por iso? 😀 ), pero esa xente non caeu niso. Un blog abrazo

  4. martinho o 17 de April de 2007

    carallo! gadgets en galego!!! grazas por preocuparte :))))

Publicidade

Comentarios