Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Memorias USB dende máquinas de vending

Maquina vendingHoxe falei de Trebellos na Radio Galega e en medio da conversa surxiu o tema dos trebellos inutis, que case sempre soen ser trebellos que se conectan ao USB e fan algo en concreto, non demasiado efectivo. Pois ben, existe xa un blogue sobre iso na rede e é Everything USB, onde unha visita servirá pra non abraiarnos nunha tempada. De feito, unha das derradeiras entradas é bastante curiosa: sae ao mercado unha máquina de vending de memorias USB. í‰ dicir, un agora na empresa pode ir a mercar gominolas ou calquer cousa de comer á maquina e, se non ten espazo no PC, unha memoria USB. Na miña opinión, non sei se catalogada de “xaponesada que nunca chegará eiquí­” ou de “algo útil”, aí­nda que me inclino posí­belmente polo segundo, pois pode servir pra sair dun apuro… Máis información: Everything USB


  1. Ana o 11 de April de 2007

    Ola!
    Onte escoiteite na Radio Galega, e grazas á entrevista hoxe estou a consultar este blogue.
    Só volo comento para que vexades que a entrevista vai tendo repercusión…
    Sorte!

  2. Andrés Milleiro o 11 de April de 2007

    Graciñas Ana… agardo que te suscribas ao menos por correo electrónico a Trebellos 😛

Publicidade

Comentarios