Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

FragFX, xogando cun rato na túa PS3

ratops3A compañí­a SplitFish GameWare lanzará un novo periférico para a PlayStation 3, o FragFX, un rato para eses xogos de pistolas ou estratexia onde un rato de ordenador é mellor que o tí­pico mando de PSX.

O FragFX consta dun rato que levará os 4 botóns tí­picos e irá sobre unha plataforma para poder xogar tumbado. O periférico tamén consta dun control para a man esquerda que é semellante ao Nunchuck de Wii, este control levará o pad analóxico e o dí­xital e tamén terá o sensor de movimento do SIXAXIS.

Será lanzado nos E.U.A. e en Europa a un prezo de $59 a versión con cable e $69 a versión sen cable. Co tempo veremos se é un perférico imprescindible para a PS3, ou se en cambio as consolas non son o futuro dos ratos.

Máis información: Nova en Meristation.
Máis información: Web oficial de SplitFish GameWare.


Publicidade

Comentarios