O afortunado gañador dun trebello gravador de DVD que foi sorteado en Xuventude Galiza Net, comenta no seu blogue as primeiras impresións con el. O DVD-5111 e un gravador de DVD que conta con sintonizador de televisión e disco duro interno de 80 GB. Esta combinación de hardware permitelle moitas posibilidades coma a gravación directa da tele, a emisión en diferido, ou o volcado de datos dende o disco duro ata un DVD. Javi conta no seu blogue as funcions e os menus que trae ademais
da calidade de son e video que oferta. O DVD-5111 pode gravar ata 76 minutos nun DVD cunha calidade
aceptable e sen tirons. Según as miñas contas, no disco duro deberían coller unhas 20 horas de gravación de televisión con esa calidade. O trebello ten boa pinta a un precio realmente axustado, 239 €, o que demostra que as empresas dende Galiza poden competir no eido da electronica de consumo con calquera multinacional extranxeira. Máis información | Páxina do produto Máis información | Comentario en “Diario de un noctambulo”
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario