triskelVense de presentar neste mes de Xaneiro a version 1.0 do sistema operativo en galego Trisquel logo de dous anos e medio de desenvolvemento. Trisquel é unha distribución linux, baseada no proxecto Debian que conta con distintas versions, Trisguel (baseado en GNOME), Triskel (baseado en KDE) e Trisquel Peme (pensado para o seu uso nas Pequenas e medianas empresas). Este sistema operativo 100% libre e en galego trae de serie un conxunto de aplicacions pensadas para todo tipo de usos segundo da versión. Todas traen a suite ofimática OpenOffice 2.0, navegador web e un entorno completo en galego ademais de un instalador que fai automática a detección de hardware.

Trisguel e a versión mais avanzada da que dispoñen, e a que eles aconsellan para o escritorio doméstico. Ven de serie con Gnome 2.14 coma xestor de ventanas e un entorno lixeiro coma é IceWM. Ademais podese lanzar como sistema “live” sen instalación e trae mais de mil paquetes

preinstalados. A versión KDE chamase TrisKel, e está en fase Beta sendo a mais actual Triskel 1.0rc5. A versión PEME, trae de serie un conxunto de programas ofimáticos e de contabilidade para as necesidades dunha oficina e tamén se topa en fase Beta. Para correr esta distribución só fai falla un ordenador cun mí­nimo de 200 Mhz, 64 Mb de Ram e 3 Gb de disco duro, uns requisitos minimos moi axustados.

Este proxecto foi iniciado pola Universidade de Vigo e desenvolvido na Facultade de Ciencias de Ourense e na Escola Superior de Informática de Ourense co apoio da Consellerí­a de Innovación e Industria. Topase dispoñibel para descarga na súa paxina, e ademais veñen de repartir 1500 cedés en Xuventude Galiza Net´07 que de seguro axudará a súa difusión. Dende Trebellos queremos felicitar aos colaboradores no proxecto e animalos a seguir traballando pola difusión do software libre en galego.

Maás información e descargas | Páxina do proxecto Trisquel