Nace Trebellos

Trebellos

Señoras e señores, teño o pracer de presentarlles a Trebellos. ¿Que é Trebellos? Trebellos é o primeiro blogue comercial en galego, é dicir, un blogue onde seus editores reparten os beneficios que o propio blogue xere. Esta experiencia non é nova, pois existen xa outras redes como WeblogsSL ou Hipertextual en castelán, ou WeblogsINC en inglés. O que ten Trebellos de especial é que é o primeiro blogue comercial en galego e que pretende ser o xerme da primeira rede de blogues comerciais en galego. ¿De ónde saiu Trebellos? Todo naceu con esta entrada no meu blogue, onde buscaba a persoas interesadas en participar no proxecto dun blogue de trebellos en galego. Co tempo irán coñecendo a todo o equipo, pero xa lles avanzo que estamos Iarrovawo, Pedro Silva, Xaime, Seve e eu, Andrés Milleiro. Sede todos benvidos e benvidas.

11 comments

Leave a Reply to berto Cancel reply

Your email address will not be published.

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.