Identity Cars é unha empresa radicada en Carballo que está a desenvolver un prototipo de deportivo de luxo, ao alcance só daqueles que posuan unha conta bancaria con cinco ceros. O Identity l1 e o prototipo da firma, presentado no salón do automóbil de Xenebra, que conta cun motor de máis de 500 cabalos e detalles exclusivos. Pero a idea desta firma vai moito máis alá da producción de automóbiles, xa que os coches que saian da factoría estarán totalmente personalizados ao gusto do cliente. Identity pensa vender 300 vehículos do seu primeiro modelo e todos distintos feitos á medida dos seus compradores. O proxecto da compañía Identity leva anos en marcha e máis de dez millóns de euros investidos na creación deste deportivo de luxo que se está a retrasar por que os primeiros prototipos non contaban coa calidade esixida pola empresa. O primeiro modelo cóntase que saia dentro dun ano e medio. De seguro que non veremos moitos
polas rúas, pero dende trebellos desexámoslle o mellor a esta compañía galega. Máis información: Identity Cars (en construcción)
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario