Dun tempo a esta parte recoñezo que miro os productos de Blusens con outros ollos, de veras. Pasar polo seu catálogo é ver ao noso alcance
e fabricados
por unha empresa galega un feixe de productos que fai un par de anos non os maxinaríamos. Neste caso quero falar concretamente deste
Blusens G40, un incríbel reproductor PMP (reproduce audio e vídeo pero con funcionalidades Wi-Fi e Bluetooth), ademais de incluir unha cámara de 1,3 megapíxeles, o que cicais baixe algo súa nota global. Destacar tamén que posúe lector de tarxetas SD/MMC e está dispoñíbel en 1, 2 e 4 XB, ampliábeis polas tarxetas antes mencionadas. Máis informacion: Páxina do producto
7 Comentarios
Blusens G40, A PMP with Wi-Fi and Bluetooth » Coolest Gadgets
3 de April de 2007 ás 21:47
1[…] Via Trebellos. […]
tech
4 de April de 2007 ás 10:55
2great PMP for everyone 🙂
thanks trebellos
juan
5 de April de 2007 ás 11:28
3A verdade é que o catálogo é impresionante, faille a boca auga a calquera que lle gosten as caralladas electrónicas. Pero é unha mágoa que Blusesn só sexa un catálogo de intención, e se non, chamade e preguntade polos productos de mais altas prestacións (ex. o DVD HD H50), e xa veredes como o único que hay dispoñible, da extensa gama BS, é somentes o máis básico, como o resto dos fabricantes.
Outro punto que cheira mal: sendo un empresa galega, ¿por qué non hay nin uhna soa tenda (exclusiva de BS) en Galiza cos seus alucinantes productos? Cos puntos de venta que pon na súa web, pasa como coa marca Woxter, están en todas partes pero en ningures…
Fran
6 de April de 2007 ás 9:42
4Hai que ter moito coidado con iso de “unha empresa galega”. Pois se neste mundo hai certezas,algunhas delas son que: i) o capitalismo non ten bandeira; ii) as empresas capitalistas, tampouco; iii) Blusens produce os seus produtos en China (deslocaliza a actividade de custo máis elevado, impedindo que unha parte importante do “custo” -que non do prezo- quede na nosa terra).
Certo, fai bos produtos. Certo, innova e ofrece calidade. Certo, ten o seu local social en Galicia. Pero iso de ser de Galicia… Moito ollo!
Jearba
7 de April de 2007 ás 13:31
5Non entendo como podedes dicir que blusens fai vos aparellos. Fai copias dos iPods e os mp3 propios que ten funcionan moi mal.
Andrés Milleiro
7 de April de 2007 ás 13:35
6Jearba, eu só me remito aos datos, e de Blusens foi o MP3 máis vendido no 2006 ou no 2005, non lembro ben.
No respecto de copias dos iPods, eu non sabÃa que os iPods tiñan Bluetooth e Wi-Fi…mais, é a túa opinión 🙂
Lois
7 de April de 2007 ás 18:25
7Parace que arranca forte esta empresa, ademais alegrome que sexa “galega” (totalmente de acordo con Fran) e que a teñamos cerca para ver si salen mais o seu redor.
Esta claro que o futuro e sin cables, e estos trebellos van tir moito futuro. O final todos teremos unha carpeta no pc ou en internet e o reproductor sincronizarase automaticamente o achegarno e sen sacalo do bolsillo. Sigo pensando que o futuro pasa por estar conectado a rede.
Que sigan innovando e a ver si apostan polas novas navallas suizas movil-pda-internet-wifi como as HTC.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios
Trebellos funciona con WordPress - BloggingPro tema orixinal deseñado por: DesignDisease e adaptado por Andrés Milleiro