chintofanoPara todolos usuarios de MacOSX que queiran dispoñer dun acceso directo a diccionario da Real Academia da Lingua Galega no seu dashboard, existe dende fai un tempo o widget Chintófano, creado pola empresa coruñesa da Costa da MorteGalinus. Coa instalación deste widget teremos o diccionario de galego no dashboard, a un click de rato.

A instalación deste widget é a habitual. Logo de descomprimir o arquivo, facemos click e preguntaranos si queremos instalar o widget. Si lle decimos que si, colocará chintófano no noso dashboard e xa poderemos usar o diccionario de galego.

Actualización: parece que o diccionario contra o que fai as procuras este widget está pouco actualizado. Agardamos a posta en liña do novo diccionario da Real Academia da Lingua Galega.

Mais información: Chintófano