Para todolos usuarios de MacOSX que queiran dispoñer dun acceso directo a diccionario da Real Academia da Lingua Galega no seu dashboard, existe dende fai un tempo o widget Chintófano, creado pola empresa coruñesa da Costa da MorteGalinus. Coa instalación deste widget teremos o diccionario de galego no dashboard, a un click de rato.
A instalación deste widget é a habitual. Logo de descomprimir o arquivo, facemos click e preguntaranos si queremos instalar o widget. Si lle decimos que si, colocará chintófano no noso dashboard e xa poderemos usar o diccionario de galego.
Actualización: parece que o diccionario contra o que fai as procuras este widget está pouco actualizado. Agardamos a posta en liña do novo diccionario da Real Academia da Lingua Galega.
Mais información: Chintófano
5 Comentarios
makeijan
3 de April de 2007 ás 12:28
1Alguén o probou? QuererÃa saber contra que diccionario fai as procuras o Chintófano. Onde está ese diccionario online de RAG?
Seve
3 de April de 2007 ás 12:49
2Eu teñoo instalado, mais non puiden averiguar onde fai as procuras. O diccionario da RAG está dispoñible online en http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html
Calidonia
3 de April de 2007 ás 14:22
3Ese dicionario está anticuado, non corresponde coa última reforma normativa do ano 2003, é máis antigo.
Actualmente non hai un dicionario en liña para a nova normativa. Pódese atopar o vocabulario (sen definicións) en:
http://www.realacademiagalega.org/galicianvocabulary/FindByWord.do
ou con outra interface e a mesma BB.DD.:
http://www.realacademiagalega.org/volga/
Sei que hai un convenio millonario asinado entre PolÃtica LingüÃstica e a RAG para poñelo en liña, supoño que ao longo deste ano.
post scriptum
3 de April de 2007 ás 15:55
4Seve, esse é o dicionário onde o chintófano fai as pesquisas. Ao menos as definiçons coincidem 😀
Rodrigo
4 de April de 2007 ás 11:23
5O chintofano faz as procuras em o pésimo dicionario http://www.edu.xunta.es/diccionarios.
Muita sorte com este blogue.
Saudos desde A Costa da Morte (sim, técnicamente somos corunheses, mas semelha com a vossa aprensentação que somos da cidade 😉 ).
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios
Trebellos funciona con WordPress - BloggingPro tema orixinal deseñado por: DesignDisease e adaptado por Andrés Milleiro