Chegou xa ás nosas mans un trebello que está revolucionando o mundo das conexións a internet sen fíos: estamos falando de La Fonera, saída directamente da factoría de Fon, o proxecto no que actualmente está máis involucrado Martín Varsavsky.
La Fonera é un router con acceso sen fíos a través dos protocolos 802.11b/g, cun firware OpenWRT, baseado en Linux 2.4 (2.4 GHz), pero modificado pra esta ocasión. Ao instalalo proporcionará dúas redes sen fíos (dous SSID), co que teremos unha rede pública FON e a nosa propia con contrasinal encriptada. Deste xeito as persoas que accedan á rede pública Fon só terán acceso completo a internet se se identifican co enderezo de correo electrónico e contrasinal que usaron ao rexistrarse en Fon.
Se somos alguén que se despraza frecuentemente e precisa de Internet alá donde vai pode ser un bo trebello ou, simplemente por cuestión de solidaridade. Certo é que pode ser algo bó pra sacarse cartos se escollemos unha elección de usuario e temos unha boa situazón onde exista moita xente pra conectarse, todo dependerá de con que óptica miremos ao que moitos xa chamaron a revolución das redes sen fíos.
Máis información: Fon
3 Comentarios
dorfun
9 de April de 2007 ás 12:32
1…coas primeiras versións, podÃase hackear (http://stefans.datenbruch.de/lafonera/)
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario