Rematando a XGN

fin.jpgA XGN’07 vaise terminando e a un servidor dalle moita pena que así ocorra. Non escribin todo o que quixera no blogue, non foi cecais pola falta de ganas, senón polas ganas de facer outras cousas as que me impidiron escribir durante a party neste blogue, aínda así, Javi e Andrés fixeron un gran traballo informándonos con contido escrito e audovisual de todo o que acontecía na party.

Se me preguntaran como foi en xeral a party diría que estivo moi ben, cecais un pouco peor ca do ano pasado, aínda que esta opinión pode ser subxectiva xa que o ano pasado foi o meu primeiro ano e estaba moi emocionado pola party. Moi bo roio entre a xente, moitos conocidos e amigos que me levo desta edición e o importante, moitas horas de diversión e coñecementos. Cecais dicir que o ambiente da party estase convertindo moito a un modo leecher (descargar o maximo posible e so facer iso) que ao que debe dirixirse unha party, que é coñecer xente e compartir experiencias, non so contidos audiovisuais.

A organización estivo moi ben, cos faios normais que pode levar organizar un acto así pero creo que fixeron un bo traballo e estiveron de moi bo roio coa xente. Quizais é esta a diferencia que hai coas demais party de España, o bo roio e o ambiente familiar que se respira en toda a party.

¿Cousas malas? Sempre as hai por suposto, pero como a opinión xeral da party é mais que sobresaínte, creo que as suxerencias xa llas enviarei eu por correio, que é onde deben estar para así facer unha mellor party para o ano que ven.

¡Vémonos na XGN 2008!

P.D: Este é unha visión xeral do que foi a party, seguro que Javi ou Andrés fan algo mais exhaustivo.

2 comentarios »

  1. knithx.net dixo,

    Escrito o 8 de Abril de 2007 ás 2:53

    Antología: Xuventude Galiza Net 2007…

    A continuación, la recopilación de material de la party Xuventude Galiza Net 2007, susceptible de actualizaciones:

    knithx (uno, dos, tres, cuatro, cinco, seis, siete)
    Fotos en Flickr y Vídeos en YouTube
    20 Minutos
    Andrés Milleiro
    Código Cero (uno…

  2. knithx.net dixo,

    Escrito o 8 de Abril de 2007 ás 2:53

    Antología: Xuventude Galiza Net 2007…

    A continuación, la recopilación de material de la party Xuventude Galiza Net 2007, susceptible de actualizaciones:

    knithx (uno, dos, tres, cuatro, cinco, seis, siete)
    Fotos en Flickr y Vídeos en YouTube
    20 Minutos
    Andrés Milleiro
    Código Cero (uno…

Comment RSS · TrackBack URI

Deixar un comentario

Nome: (Obrigatorio)

Enderezo electrónico: (Obrigatorio)

Web-Blogue:

Comentario: