O imprescindíbel: a regleta

A menos dunha semana da party, comezamos unha serie de entradas para destacar as cousas imprescindíbeis que hai que levar á party. Esas cousas coas que non poderemos vivir sen elas na party, porque son realmente importantes para facer que a nosa estancia na party sexa o que debe ser.

Un elemento moi importante, aínda que non o pareza, é a regleta, ese aparatito que serve para conctar máis cousas á rede cun so enchufe. ¿E por que é tan importante? Porque mais que nada a organización so nos da un enchufe para cada un, e normalmente necesitamos dous o mais. Se contamos por exemplo a pantalla, a torre e logo os diferentes discos duros que levemos, pois é imprescindíbel que levemos a regleta, senón non poderemos enchufar todo e quedarémonos a medias na nosa participación na XGN.

De todas maneiras, a organización sempre é previsora e soe por á nosa disposición unha tenda dentro da party na que venden este tipo de cousas que soemos olvidar. Aínda que seguro que son máis caras do normal.

Deixar un comentario

Nome: (Obrigatorio)

Enderezo electrónico: (Obrigatorio)

Web-Blogue:

Comentario: