Resumo Xuventude Galiza Net 2008
Resumo XGN 2008 from Andrés Milleiro on Vimeo.
Unha das cousas curiosas que pasan de vez en cando na XGN ten que ver coa comida e coa cafeterÃa/comedor.
Hoxe por exemplo foi o caso da carne con patacas, segundo prato no menú do Venres. Claro, estamos nun paÃs como Galiza e concebir un menú con dúas ou tres patacas é case un insulto para algúns, polo que xa se montou un pouco á hora de comer con algúns apetitos suculentos.

Polo demais,xa se fixo a conferencia de presentación sen moito novo salvo o de sempre, os berros de Tongo, tongo ao Mago Teto e as mesmas cousas de sempre. Seguiremos informando.
Por certo, xa viu Anxo Quintana á XGN, o ano pasado non o fixera ata o segundo dÃa…
Configuración do hub do direct connect:
IP: 77.26.124.188
Compartido: 100GB
Slots: 3
Os clientes de direct connect que son admitidos na party son os seguintes:
Hoxe comeza a segunda quenda de pagos, para os que non conseguiron ser dos máis rápidos co rato e non logaron preinscribirse antes do segundo 28.
Os que conseguiron rexistrarse antes das 17:01:51, case dous minutos despois da apertura das preinscricións, e non conseguiron entrar na primeira quenda de pagos recibiron esta mañá un correo con máis instruccións para realizar o pago correspondente para poder asistir ao acontecemento informático do ano.
Tamén están dispoñibles na web da XGN os distintos traballos presentados aos concursos da edición anterior para a súa descarga, asà como os resultados das distintas competicións.
Máis información e descargas | XGN08
Os que obtivemos praza na preinscripción feita este sabado temos que facer o pago das tasas nunha oficina caixa nova, os datos son os seguintes:
O plazo de pagos vence o dÃa 6 de febreiro as 23:59h. Os ingresos e transferencias tardan aproximadamente 2 dÃas lectivos en ser notificadas á organización, por tanto ó plazo lÃmite de pago é o luns 4.
Hai que gardar o resgardo do pago para recibir as identificacións e os agasallos á entrada da XGN.
Se no plazo dado non pagades perderedes á praza e as que queden sen pagar daranse ós participantes que quedaron sen preinscripción por orde de tempos.
Benvidos e benvidas de novo…
Os mesmos do ano pasado xa estamos anotados na Xuventude Galiza Net 2008, cunha nova fichaxe este ano, Héctor Anllo, que tamén escribe en Trebellos e este ano virá á XGN por primeira vez.
¿Preparados? Arranxamos un par de cousiñas e comezamos a contar novas da XGN 2008…
E lembrade que podedes ler Trebellos
A XGN’07 vaise terminando e a un servidor dalle moita pena que asà ocorra. Non escribin todo o que quixera no blogue, non foi cecais pola falta de ganas, senón polas ganas de facer outras cousas as que me impidiron escribir durante a party neste blogue, aÃnda asÃ, Javi e Andrés fixeron un gran traballo informándonos con contido escrito e audovisual de todo o que acontecÃa na party.
Se me preguntaran como foi en xeral a party dirÃa que estivo moi ben, cecais un pouco peor ca do ano pasado, aÃnda que esta opinión pode ser subxectiva xa que o ano pasado foi o meu primeiro ano e estaba moi emocionado pola party. Moi bo roio entre a xente, moitos conocidos e amigos que me levo desta edición e o importante, moitas horas de diversión e coñecementos. Cecais dicir que o ambiente da party estase convertindo moito a un modo leecher (descargar o maximo posible e so facer iso) que ao que debe dirixirse unha party, que é coñecer xente e compartir experiencias, non so contidos audiovisuais.
A organización estivo moi ben, cos faios normais que pode levar organizar un acto asà pero creo que fixeron un bo traballo e estiveron de moi bo roio coa xente. Quizais é esta a diferencia que hai coas demais party de España, o bo roio e o ambiente familiar que se respira en toda a party.
¿Cousas malas? Sempre as hai por suposto, pero como a opinión xeral da party é mais que sobresaÃnte, creo que as suxerencias xa llas enviarei eu por correio, que é onde deben estar para asà facer unha mellor party para o ano que ven.
¡Vémonos na XGN 2008!
P.D: Este é unha visión xeral do que foi a party, seguro que Javi ou Andrés fan algo mais exhaustivo.