Nokia N82 e HP TJ8300

Nokia amplía a súa gama NSeries co N82, un teléfono móbil de características semellantes ás doutros modelos como o N95. O trebello está enfocado á navegación pola Internet e ás opcións multimedia.
Conta cunha cámara de 5 megapíxeles con óptica Carl Zeiss para sacar fotos ou gravar videos con resolución VGA e realizar videochamadas. A conectividade está asegurada, xa que incorpora tecnoloxía HSDPA, bluetooth e soporte WiFi. Tamén dispón da tecnoloxía GPS, aprobeitable grazas á aplicación Nokia Maps, integrada de serie no seu sistema operativo, Symbian OS 3ª edición. Para almacenar tódolos arquivos conta cunha memoria interna de 100MB e lector de tarxetas MicroSD.
O seu prezo ronda os 450 euros.
Máis información: Nokia

Aínda que non está enfocada ao uso doméstico, a HP TJ8300 destaca polas súas impresionantes proporcións.
O seu deseño é semellante ao de calquera impresora de inxección de tinta compacta, pero este modelo ten perto de dous metros de alto e pesa unhas tres toneladas. Está deseñada para a impresión de todo tipo de publicidade en diferentes soportes flexibles como o PVC ou o vinilo, e é capaz de imprimir 400 m2 nunha hora.
Como curiosidade, dicir que os cartaces do festival de Cannes foron impresos en impresoras coma estas.
Máis información: HP




En Galicia hai moitos adictos e adictas ao Windows Live Messenger, persoas que se pasan horas e horas chateando cos seus amigos. Para eles chega este curioso Trebello.
