Quen quere comer un iPod, ou un móbil? Agora xa se pode, polo menos un iPod e un móbil de chocolate.
Grazas á Corporate Gift Showcase os máis geeks están de sorte xa que esta empresa está a producir unha serie de chocolates con forma de gadgets. Temos o iPod, un móbil, unha blackberry, unha TV, etc.
Véndense en paquetes de 100, 250, 500 e 1000 unidades a prezos diferentes para cada modelo e ademáis tamén venden o modelo de cada trebello por 100 dólares.
Quen dixo que os frikis non podían disfrutar do chocolate?
Vía: Digital Drops.
Máis información: Corporate Gift Showcase.
Hai alguén por aquí que usou algún telefono antigo, dos da roda de números e os auriculares grandes? Quizais na casa dos avós coma é o meu caso, pero grazas a este trebello xa podemos emular aquelas chamadas co noso propio móbil.
Este trebello friki (outra cousa non é) só sirve para iso, para ser friki. Os
Bluetooth Retro Handset conectanse ao teu móbil por tecnoloxía bluetooth para poder falar (recibir e enviar chamadas) por eles e veñen cun cable USB para cargar a batería dende un ordenador. Friki pero real.
Isto ten o seu aquel, imaxinade ir falando con este trebello
polas rúas da túa cidade (vila, aldea, etc.), as caras das persoas teñen que ser impresionantes. Ou chegar a unha reunión e que che soe o móbil e saques estes auriculares e sen inmutarte digas o de “sintoo pero agora non podo falar, estou nunha reunión”.
Agora que está de moda todo o retro, quen se pode resistir a mercalos por $35?
Máis información: ThinkGeek.
Se sodes dos que cantades na ducha este trebello vaivos gustar, trátase dun reprodutor mp3 cool especialmente diseñado para a ducha. Xa se acabou o de tatarear as cancións con pouco ritmo, agora poderemos cantalas ao son da canción disfrutando dunha boa ducha. O Juketower Splash Proof MP3 Player ten un porto USB para poder enchufarlle unha memoria USB con música ou simplemente o teu reprodutor mp3 e así poder escoitar a túa música preferida. Ten unha pantalliña LED que mostra o número de canción e o tempo transcurrido. O seu tamaño é de 183x78mm algo así como
un bote de xabrón. Sae á venda o 28 de abril e custará 99 euros. Este trebello quedará moi bonito xunto ao bote de xampú. Vía: Akihabara News. Máis información: GeekStuff4U.com.