Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Unha TV no baño

Qué tal tomar un baño relaxante mentres miramos a nosa serie ou o noso programa de televisión favorito? Agora se pode grazas á empresa Evergreen que lanzou ao mercado por uns 230 euros aproximados a EG-FTV71S, que non ven sendo outra cousa que unha televisión de 154×200×38 mm, con autonomía para 4 horas e que ademáis é resistente á auga… ou water resistent como poñen os reloxios.

TV

Visto en Gizmlogía.


The Phone House subvenciona portátiles

The Phone House

Non é nada novo no eido da tecnoloxía que unha empresa subvencione algún tipo de produto a cambio de contratar un servizo ou aceptar unha serie de condicións. Exemplo disto son, por exemplo, as promocións das operadoras de telefonía móbil, que a cambio da firma dun contrato de permanencia che ofrecen teléfonos móbiles a prezos máis baixos.

Ata o de agora, non era frecuente facer este tipo de ofertas noutros produtos, pero dende finais do mes de novembro é posible mercar un portátil da marca Acer nas tendas de The Phone House a un prezo máis baixo do habitual se contratas unha tarifa PC Orange.

Os dous modelos que se ofrecen polo momento son o Acer 4220 e o 5520, equipados con WiFi e Windows Vista. O prezo do primeiro varía entre os 199 e os 469€, dependendo da tarifa contratada, e o modelo 5520 vai dende os 399 coa tarifa máis completa ata os 699€ sen ningunha tarifa.

Máis información e condicións da oferta: Promocións ADSL Orange


Nunca máis te queimarás a boca con esta taza

Esta taza ten grande utilidade, sirve nada máis e nada menos para evitar que nos queimemos a boca ao beber un café moi quente, por exemplo.

On Off mug

Grazas a uns pigmentos que ten a taza, cando vertemos dentro un líquido quente a taza pónse de cor branca e lése a palabra ON, cando vai enfriando vai cambiando de cor cara o negro e leráse a palabra OFF.

Así de sinxelo e útil por 16 euros, aínda que é posible que atopes tazas deste estilo por 3 euros nalgúns todoacien de toda a vida.

Visto en Gizmodo.
Máis información Charles & Marie.


Confirmado o iPhone 3G

iPhone

Xa está confirmado: haberá iPhone 3G, o terminal que chegará a España a mediados do 2008. Todo isto foi confirmado por Randall Stephenson, un dos xefes de AT&T, a operadora que ten a exclusiva do propio teléfono de Apple nos USA.

O principal problema co 3G é que o seu chip consume moita batería (os que temos un terminal 3G o sabemos moi ben), e semella que por fin está solucionado, durando co 3G activado unhas 5 horas, unhas tres menos que o actual iPhone.

Máis información: Bloomberg


Optimus Maximus, agora con máis configuracións

Optimus Maximus

O Optimus Maximus, un teclado con pantallas OLED a cor en cada unha das súas teclas do que xa vos falamos en Trebellos hai algún tempo estará dispoñible en novas configuracións. O prezo do teclado completo, 113 teclas con cadansúa pantalla, rondará os 1256 €. As novas versións do teclado terán un menor número de pantallas, e polo tanto unha redución considerable no seu prezo. Así a versión máis barata do teclado, con pantalla só na barra espaciadora, custará uns 371 €; a media, con dez pantallas na súa parte lateral esquerda, terá un prezo de 481 € e a máis alta, con 47 pantallas correspondentes ao teclado alfanumérico, rondará os 803 €.

Visto en: Engadget
Máis información: Art. Lebedev


Vídeo do novo Macbook Touch

En Trebellos temos a exclusiva do novo que vai sacar Apple, o Macbook Touch, e ademais en vídeo. ¿Preparado? Aí vai:

Certamente, é unha broma, non vaias crer, pese que a haxa rumores dun Macbook Touch. O vídeo foi grabado conmigo nun congreso


Mini-lentes para as cámaras compactas (ou móbiles)

Todos sabemos que as cámaras fotográficas compactas non son cámaras profesionais e por iso apenas teñen accesorios.

minilentes

Agora podes mercar uns filtros para que as túas fotografías saian con efectos curiosos. Son as Jelly lenses, unhas mini-lentes para cámaras compactas ou teléfonos móbiles. Hai un total de 3 lentes a aproximadamente 4 euros cada unha e tamén se pode mercar o pack das 3 por uns 12 euros.

Xa non hai excusa para non sacar fotos divertidas coa túa cámara.

Visto en Xátaka Foto.
Máis información: The Container Store.


USB Media Remote e o Play Seat Evolution

Aqui vos traemos dous trebellos moi diferentes pero moi útiles para algúns.

O primeiro e o USB Media Remote que non é outra cousa que un mando a distancia para o ordenador, que xa trae incluido un adaptador USB. Si, é feo, pero é útil xa que podes controlar as túas películas, a música, as presentacións de PowerPoint, etc. Ademáis ten esa forma porque pódese gardar na ranura da PCMCIA ideal para levar dunha forma cómoda nun portátil.

USB Media Remote

O outro trebello é moi grande e o trebello ideal para os amantes dos coches e dos xogos de carreiras. Trátase do Play Seat Evolution de Logitech, un sillón con volante e pedais para xogar comodamente e realisticamente aos videoxogos de carreiras. Teredes que dárvos presa para mercar este accesorio para videoxogos de algo menos de 500 euros, xa que só poñen á venda 100 unidades.

Play Seat Evolution

Visto en Gizmodo | Xátaka.
Máis información: USB Geek | Akihabara News.


Merca un Mac a prazos e sen intereses

Mac a prazos

Apple quere celebrar a chegada do Nadal, etapa propicia para a merca de trebellos e por iso mesmo acaban de sacar unha promoción mediante a cal pódese mercar un Mac a 10 meses e con interés cero. A promoción está vixente dende o 20 de Novembro ata o 14 de Xaneiro.

Lembrar tamén que esta promoción de Apple non ten nada que ver con mercar o ordenador na Apple Store normal ou na Apple Store para estudantes, a única condición é que o prezo a financiar sexa superior a 700€.

Máis información: Web da oferta
Máis información: Apple Store


Nokia N82 e HP TJ8300

Nokia N82

Nokia amplía a súa gama NSeries co N82, un teléfono móbil de características semellantes ás doutros modelos como o N95. O trebello está enfocado á navegación pola Internet e ás opcións multimedia.
Conta cunha cámara de 5 megapíxeles con óptica Carl Zeiss para sacar fotos ou gravar videos con resolución VGA e realizar videochamadas. A conectividade está asegurada, xa que incorpora tecnoloxía HSDPA, bluetooth e soporte WiFi. Tamén dispón da tecnoloxía GPS, aprobeitable grazas á aplicación Nokia Maps, integrada de serie no seu sistema operativo, Symbian OS 3ª edición. Para almacenar tódolos arquivos conta cunha memoria interna de 100MB e lector de tarxetas MicroSD.
O seu prezo ronda os 450 euros.

Máis información: Nokia

HP TJ8300

Aínda que non está enfocada ao uso doméstico, a HP TJ8300 destaca polas súas impresionantes proporcións.
O seu deseño é semellante ao de calquera impresora de inxección de tinta compacta, pero este modelo ten perto de dous metros de alto e pesa unhas tres toneladas. Está deseñada para a impresión de todo tipo de publicidade en diferentes soportes flexibles como o PVC ou o vinilo, e é capaz de imprimir 400 m2 nunha hora.
Como curiosidade, dicir que os cartaces do festival de Cannes foron impresos en impresoras coma estas.

Máis información: HP


« Anteriores entradasPosteriores entradas »