Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Toshiba TW355U, un proxector sen fíos

Proxector sen fíosToshiba ven de presentar unha novidade que pode ser un anticipo do que nos agarda no futuro en moitos eidos, un proxector sen fíos, o Toshiba TW355U.

Concretamente, este proxector é de tipo DLP, cunha luminosidade de 3.500 lumens e con contraste de 2.000:1. Asimesmo, admite unha entrada de alta definición, polo que xunto á excelente luminosidade e o contraste é un proxector moi atractivo independentemente da súa conectividade sen fíos.

A conectividade concretamente é 802.11g, polo que aforraremos os cables Ethernet ou de vídeo ao ter que facer unha presentación, algo que ás veces molesta e bastante.

Está á venda por 2.200 dólares.

Máis información:
Electronista


Sony HDR-CX6, alta definición para todolos publicos.

HDR-CX6Sony acaba de anunciar a salida ó mercado no próximo mes de Xullo da súa Handycam HDR-CX6. Tratase dunha videocamara capaz de gravar video en alta definición e almacenalo en tarxetas Memory Stick Duo, unha das primeiras videocamaras de uso doméstico que o fai. Este sistema ten múltiples vantaxes, ó prescindir de parte mobiles que alongan a vida útil da camara e permiten un tamaño menor.

A HDR-CX6 monta unha lente Vario Sonnar da prestixiosa marca Carl-Zeiss, como é costume na marca nipona, e un sensor CMOS de 1/2,9″ e 3,2 Mpixeles de resolución. Esto permitelle almacenar ata 175 minutos de video nunha tarxeta de 8 Gb, e todo en tan só 370 gramos.
Sairá ó mercado en Xullo e custará 1350€.

Mais información
: Páxina do produto

Revisión da HDR-CX6 en Letsgodigital.com


TurboLinux Wizpy, leva linux no teu reprodutor multimedia

O TurboLinux Wizpy é unha moi boa opción á hora de mercar un reprodutor multimedia, vamos, o que se coñece como mp4. Este trebello é un mp4 normal salvo que leva no seu interior unha distribución GNU/Linux, que o fai especial.

Como mp4 reproduce case todo: MP3, OGG (cousa boa xa que moitos reprodutores non o fan), WMA, AAC, XviD, MPEG4 e JPG. Amosa texto, é dicir, podes levar e-books e tamén reproduce radio FM. Co seu micrófono grava a voz en formato MP3. Ten unha pantalla LCD de 1′7 pulgadas e unha memoria interna de 4GB ou 2GB dependendo do modelo, pero estase a traballar nun modelo con ranura para tarxetas SD. A pega é que 1′5GB están destinadas para a distribución GNU/Linux.

O que fai especial a este mp4 é que podes crear programas para él. A empresa que o fabrica lanzou un kit de desarrollo (SDK), é dicir, programa para facer programas de xeito sinxelo para o trebello. Así calquera que se descargue o SDK poderá crear programas que funcionen no seu mp4, podendo ter o teu programa á medida.

Outro tema interesante deste reprodutor multimedia é que, como xa dixen, ten unha distribución GNU/Linux no seu interior. Isto que quere dicir? Pois que se enchufas o mp4 a un ordenador (con arranque USB) poderás ter o teu propio sistema operativo, cos teus ficheiros, os teus programas favoritos e coa configuración do teu escritorio xa que estarás traballar dende a distribución GNU/Linux do mp4.

Un mp4 con moitas posibilidades para fedellar nel. Xa está a venda en xapón e sairá este mes nos paises anglófonos por 280 dólares aproximadamente. Para que saia por estes lares teremos que esperar a finais deste ano ou principios do que ven.

Visto en Xataka.
Máis información: Páxina do produto.


Microvision PicoP, chegan os proxectores aos móbiles

PicoP

Non sabemos que terán os móbiles do futuro, e cada vez é máis improbable adiviñar como serán, xa que cada vez teñen máis funcionalidades. A última funcionalidade é a de proxector, que ven da man da empresa Microvision.

O Microvision PicoP é un proxector para móbiles. O seu tamaño é de 7 mm polo que o noso móbil non sufrirá un cambio drástico no seu tamaño. Non é un trebello de por sí que poidamos mercar e enchufar ao noso móbil, senón que é un chip e unha lente que a empresa Microvision desenvolveu para ser integrada nos móbiles, pero aínda non hai ningun fabricante de móbiles que anunciara que o vai implantar.

Aínda así, a idea de proxectores nos móbiles pode ser boa, ademáis se teñen unha resolución WVGA (854 x 480 píxeles) con formato 16:9 e calidade DVD, non están mal.

Normalmente as fotos e videos que sacamos co noso teléfono móbil son para ensinar e compartir cos amigos, que mellor forma que cun proxector? Tamén, este proxector, pode ser a solución para as persoas maiores con mala vista ou para poder ler textos e xogar a videoxogos con comodidade.

Visto en Xataka.
Máis información: Páxina oficial.


Microsoft LifeCam NX-6000, leva a webcam de viaxe

Microsoft LifeCam NX-6000Moita xente precisa dunha webcam no portátil alá por onde vai para poder facer videoconferencias, ben por trabalo ou ben para falar e ver aos seus familiares e amigos. Por iso moitos fabricantes xa integran nos seus portátiles unha cámara web.

Pero non todos, polo que Microsoft decidiu poñer no mercado unha webcam diseñada para levar de viaxe. A LifeCam NX-6000 é unha webcam de pequeno tamaño que se coloca fácilmente nun ordenador portátil. Cando queiramos usar a cámara teremos que desprazar a lente óptica ata fóra, e unha vez que xa rematamos de usala volvemos a metela para adentro e así non sufrirá ningún deterioro.

Fai fotografías cunha resolución de 640×480 e grava videos cunha calidade de 1′3 megapíxeles. Ademáis ten un micrófono integrado e un botón de atallo ao Windows Live Messenger. Todo isto por un prezo de 60 euros aproximadamente.

Visto en Gizmótika.
Máis información: Páxina do produto.


Beye, o ollo do gran irmán

Beye
Beye e un proxecto para unha webcam do deseñador francés feeladicted.com. Tratase dun deseño innovador sobre un trebello moi popular. A webcam semella un ollo que se fixa cunha ventosa de suxeción e permite movementos. Non sei a vos, pero a min dariame medo ter un ollo enriba do escritorio…

Para os que gosten dela, decir que non se pode mercar polo momento xa que é un deseño conceptual. Pero pola súa orixinalidade, a verdade e que merece a lo menos un comentario en trebellos.

Mais información : Paxina do deseñador


Sanyo Xacti E1, grava videos cando chove

Sanyo Xacti E1Sanyo acaba de lanzar a que, segundo eles, é a primeira videocámara sumerxible para uso doméstico. Esta é a Xacti E1.

Esta videocámara é perfecta para gravar videos cos teus amigos un día de choiva, xa que aínda que se molle non lle vai pasar nada. Resiste a choiva (tan común por estes lares) grazas a que resiste 1 metro e medio baixo a auga durante 1 hora aproximadamente. O que fai que poidas usar a cámara un día de choiva ou un día de calor na praia ou na piscina.

Permite gravar video en diferentes resolucións e modos como o TV-SHQ a 30 fotogramas por segundo ou o modo WEB-HQ a 15 fotogramas por segundo. A cámara garda os videos en formato MPEG4 co codec AVC/H.264 que é un 25% máis eficiente que o codec que usan as outras cámaras do modelo Xacti.

A Xacti E1 tamén permite sacar fotos cunha resolución de 10 Megapíxeles, incluso mentres estamos a gravar video, en formato .JPG. E grazas a que é compatible con tarxetas SD e SDHC pode gardar 10 horas de vídeo nunha tarxeta de 8 Gb.

Visto en Ounae.
Máis información: Nota de prensa de Sanyo.


DViCO TViX HD, reproduce peliculas en HD sen ordenador

dvico
O fabricante coreano Dvico, ven de sacar ao mercado un interesante trebello dentro da súa gama Tvix. Tratase do Dvico Tvix HD, un disco duro multimedia con capacidade para almacenar peliculas en HD e reproducilas nun televisor. Soporta os codecs WMV HD, Divx HD e MPEG 2TS cunha saida DVI con máxima resolución a 1080 dpi.

O trebello estará dispoñible a un precio de 229 $ sen disco duro, un prezo algo elevado que esperemos baixe co tempo.

Visto en Engadget


Motorola RIZR Z8 Media Monster

Motorola Z8

Motorola ven de apresentar novos teléfonos móbiles, entre eles o Motorola RIZR Z8 Media Monster, que está pensando para a reprodución de películas. As películas son o único que aínda non triunfa nos móbiles por iso as compañías cada vez se esforzan en facer pantallas máis grandes e de maior calidade para achegar o 7º arte aos móbiles.

Este novo móbil apresentado onte ten unha memoria de 80MB ampliable a 32Gb con tarxetas microSD, reproduce 30 frames por segundo, permitirá ver a televisión por móbil (en xuño saberemos en que paises), e terá o último en conexións: HSDPA.

As súas especificacións técnicas son:

  • Bandas: HSDPA / GSM 900 / GSM 1800 / GSM 1900
  • Dimensións: 109 x 50 x 15 mm - Peso: 112 g
  • Pantalla a cor TFT 16 Millóns de cores (240 x 320 pixeles)
  • Cámara de 2 MP (1600 x 1200 pixeles) con video (30fps) e flash
  • Cámara secundaria VGA para videochamadas
  • Reprodutor de música MP3, AAC e AAC+
  • Xogos java, tonos mp3, fondos de pantalla
  • GPRS, Wap, EDGE, 3G, Bluetooth, USB V2.0
  • Sistema operativo Symbian OS 9.2
  • Mensajes multimedia MMS, Email, SMS y EMS
  • Memoria interna de 80 MB ampliable con microSD TransFlash

Visto en Gizmología.
Máis información | Apresentación de Motorola.


TubeStick: TDT asequible no Mac, ó fin!

tubestickPor fin os maqueiros dispoñemos dunha alternativa asequible para desfrutar da televisión dixital terrestre. Equinux acaba de anunciar a dispoñibilidade en España do TubeStick, que por 39,95 € permite ver e grabar este tipo de emisións.

Ademáis, inclúe o software The Tube, bastante prometedor, e que se integra perfectamente con iMovie e o novo Apple TV, sen esquencer a posibilidade que ofrece de exportar de xeito directo a iTunes e ó iPod os programas que teñamos grabados.

Non é dende logo un concepto novidoso, pero si o é na plataforma Mac, onde ata o de agora non dispoñíamos dunha gran oferta destes trebellos, e menos a un prezo coma éste. Benvidos sexan.


« Anteriores entradasPosteriores entradas »