Tutorial liberar nokia bb5 (n70,n80…)
Seguindo coa tradición de trebellos de facer tutoriais, hoxe imos explicar como liberar unha serie de terminais nokia de manera sinxela, segura e legal.
Liberar consiste en pór un terminal, que está anclado a unha comañía de telefonía móvil, aberto para que poda ser utilizado por tódalas compañías.
Os modelos en teoría soportados son os nokia 3110, 3250, 5200, 5300, 6085, 6110Navigator, 6136, 6270, 6300, 6630, 6680, 6681, 7370, E50, E60, E62, E65, E70, N70, N71, N72, N80, N90, N91, N93 e N93i. Polo momento só ha sido probado cos nokia 6630, 6680, n70 e n80 e funciona correctamente.
Para comezar necesitamos un cable dku-5 coma este. Conectámolo a un usb libre do ordenador, instalamos os drivers que o acompañen e acto seguido cambiamos a direccion do porto com a crear co cable. Para iso imos a panel de control, administrador de tarefas, sistema, administrador de dispositivos, seleccionamos o cable dentro do apartado com, imos a propiedades, avanzadas e poñemos o com entre 1 e 9, rangos superiores no son admitidos.
Acto seguidos baixamos o programa bb5 unlocker de dejan dende aquí e o descomprimimos. Antes de comezar abrimos o arquivo bb5_unlocker.cfg co bloc de notas de windows e cambiamos o número do com polo que temos posto no noso ordenador para o cable.
Aquí comeza o proceso de liberación:
1- Apagamos o terminal, deixandoo coa batería e a tarxeta sim.
2- Prendemos o terminal (soamente encendelo, non introducir pin nin tocalo máis) e conectamos o cable dku-5.
3- Executamos o arquivo install.bat, e nos sairá unha pantalla coma esta:
4- Prememos o botón “read phone” e acougamos a que nos saia que finalizou (”done”).
5- Agora prememos o botón “make log” e tamén esperamos a que saia “done”.
6- Minimizamos o programa e dentro da carpeta que descomprimimos executamos BB5_calc.exe, nos sae que finalizou e aceptamos.
7- Retornamos o programa anterior (agora minimizado) e prememos SP Unlock e nun intre nos avisará de que o terminal xa está liberado.
Anotación: O teléfono reiniciase unha ou dúas veces durante o proceso.
Coa teima da subida de tarifas na telefonía móbil no Marzal moitos e moitas coma eu mudamos de compañía pola teima de prezos e, sobre todo, pola aparición dunha nova compañía no mercado, Yoigo, que pretendía revolucionar o mercado con baixada de tarifas e unha tarifa de datos moi apetecíbel, por 1,2€ máximo ao día que aínda segue a ter. De feito, nestes intres estou fóra da casa nun punto das Rías Baixas onde non teño conexión a internet, nen detectei nengún punto de Fon (pois son fonero), nen unha red sen fíos aberta (hai unha, pero pechada, e nin pola pereza de ter o pc encendido cun programa de forza bruta moléstome).