Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Iluminación portatil

portable lightAchegando a nanotecnoloxía aos entornos onde non chega a rede eléctrica, unha solucion para a iluminación nocturna fai uso de varias novidades interesantes.

En primeiro lugar o material fotosensible: chamado Thin-Film CIGS (Copper Indium Gallium diSelenide), podese aplicar como “película” sobre outras superficies, o que da lugar a paneles solares flexibles. Tamén o emprego de diodos luminosos de moi baixo consumo, o que lle permite manter ata 10 horas de luz despois de tan só 3 de carga. E cunha intensidade dabondo como para ler.

Por último, o prezo: a compañia que o deseñou anunciao por só 50 dólares. Haberá que agardar moito a que o sector solar das nosas latitudes sexa unha realidade? Mentres tanto, o “Portable Light” superou as probas nas paisaxes extremas para as que foi deseñado, coma as terras dos Huichol de Mexico, unha poboación semi-nómada que percorre moi longas distancias ao longo do ano.

A fonte: Discovery Channel


« Anteriores entradas