Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

HTC Touch, dispoñíbel con Vodafone

HTC TouchDende Trebellos queremos informar da saída xa no catálogo de puntos dun teléfono-pda bastante interesante, o HTC Touch. Con Movistar xa se pode conseguir dende Agosto, mais a oferta de Vodafone é bastante boa pois é prácticamente pola metade de prezo (con Vodafone e 250 puntos xa a temos por 219 euros).

A HTC Touch destaca polo TouchFlo, unha tecnoloxía que permite empregar os dedos ou o lápiz na pantalla táctil, semellante ao que se fai no iPhone. O teléfono é GSM Tribanda con GPRS/EDGE (non ten 3G), cun sistema operativo Windows Mobile 6 Professional, a pantalla táctil xa dita de 2.8″, procesador OMAP a 201 Mhz, 64Mb de RAM, 128Mb de ROM e unha cámara cun sensor CMOS de 2 Megapíxeis.

Tamén ten Bluetooth estéreo 2.0,conectividade Wi-Fi e slot pra tarxetas de memoria microSD. A batería ten unha capacidade de 1100 mAh que nos da 200 horas en espera e 5 en conversa.

Ten unhas dimensións de 99,9x58x13,9 mm e un peso de 112 gramos. Sinceramente, non é o iPhone pero é unha alternativa a ter moi en conta, e máis ao prezo que ofrece Vodafone.

Máis información: Vodafone


Rumores dun teléfono-consola de Sony Ericsson

Posíbel teléfono de Sony Ericsson

Nunha recente entrevista, Sony-Ericsson ven de afirmar que están na búsqueda dun “teléfono PlayStation”, o que disparou todo tipo de rumores estes días.

Os rumores apuntan en boa dirección, pois no vindeiro Febreiro, no Mobile World Congress a empresa pode presentar un teléfono orientado claramente ao xogo. Segundo a empresa, non ten por qué levar a marca PSP mais posíbelmente inclúa algún sensor como o que ten a Nintendo Wii.

Vía: TechDigest


iPaq 910 e iPaq 610, novas PDA de HP

Onte confirmaronse os rumores de novas PDA de HP que xa comentamos en Trebellos.org. Os seus nomes, oficialmente, son HP iPaq 910 e iPaq 610.

Os dous modelos teñen o sistema operativo Windows Mobile 6 e están ben comunicados xa que veñen con HSDPA, Wi-Fi, Bluetooth e A-GPS. Ademáis contan cunha cámara de 3 megapíxeles.

Segue lendo »


Levi’s The Original, o primeiro da compañía

Levis Phone

Cada vez o negocio da telefonía móbil é máis grande e iso nótase en que cada vez hai máis marcas que entran nese ámbito, como Levis agora, que ven de presentar o seu primeiro teléfono, chamado The Original, o mesmo nome que a súa última colección.

O teléfono, cun deseño semellante aos Sony-Ericsson, conta con cámara de 2 MegaPíxeis, pantalla de 1.8 pulgadas, bluetooth, reproductor de MP3 e slot pra tarxetas de memoria microSD. Ademais, saiu ao mercado en versión pra home e muller: pra eles, cun acabado metálico en negro, marrón ou plateado e pra ela, cun pulido rematado en espello e plata.

Como era de agardar, un teléfono así, somentes pola marca, non vai ser barato; seu prezo ronda os 500 euros.

Máis información: Anuncio do terminal
Máis información: Sitio oficial


Samsung Croix, parecidos razonábeis

Samsung Croix

E non, non é un novo modelo de iPhone, é outro modelo máis dunha marca pra tentar parecerse ao modelo de Apple. Samsung nega que súa intención fose facer un modelo imitando ao iPhone, e nós teremos que pensar ben…

O teléfono, fai meses chamado Samsung Ultra F700 sinxelamente agora se chama Samsung Croix, e pouco máis se sabe del. O sistema de menús do teléfono gañou o Premio de Deseño iF Communication 2007 , polo que ao menos é innovador, ao menos polo que podemos ver na imaxe, dun xeito bastante limpo. En canto teñamos máis información, en Trebellos a teredes.

Vía: i4u.com


LG KU990, competindo co iPhone

LG KU990

O iPhone aínda non desembarcou no continente europeo, pero cando o faga vai ter uns moi duros competidores. Outro dos móbiles que vén pisando forte para desbancar ó famosísimo trebello de Apple é o LG KU990, un móbil deseñado por LG que mellora en prestacións ó LG PRADA, dispoñible xa nalgúns países de Europa e Asia.

O novo modelo de LG ten unha pantalla panorámica táctil de 3 polgadas, cámara de 5 megapíxeles con auto focus e a posibilidade de gravación de video a 120 fps e soporte HSDPA.

O trebello estará dispoñible no Reino Unido no outono con Vodafone.

Vía: Engadget


Nokia N81, presentado oficialmente

Nokia N81

Finalmente, no evento de Nokia de onte tamén se presentou este N81, que ten unha pinta fantástica, pois é un concepto algo distinto no que coñecemos na telefonía.

Sairán dúas versións do teléfono: con memoria de 8GB interna e outra sen ela, pero que admitirá MicroSD. No resto son iguais: cuatribanda, cámara de 2 megapíxeis e con saída de auriculares estándar pra usalo de reproductor ou radio FM.

O N81, xunto co N95 do que falamos, será un dos primeiros Nokia compatíbel coa nova Nokia Music Store e o novo servizo N-Gage. O modelo de 8GB sairá por 430 euros, e o outro cunha MicroSD de 2GB costará 360 euros. Sairán a finais do 2007.

Máis información: Nokia


Nokia N95 de 8GB, finalmente presentado

Nokia N95 8Gb

Os rumores dos que falabamos en Trebellos se confirmaron. Nokia ven de presentar o N95 con 8GB de capacidade, en negro. O resto segue igual que o N95: pantalla de 2.8 pulgadas, cámara de 5 megapíxeis, WiFi, GPS e capacidade pra tarxetas MicroSD.

Sairá en Europa en Outubro, a un prezo de 560 euros.

En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb


Rumores dun novo Nokia N81

Nokia N81

Nokia ten previsto mañá Mércores un gran evento en Londres, mais xa espertaron os rumores dos teléfonos que poden sacar, entre eles o que vedes, o N81 que sería un teléfono multimedia mais tamén enfocado como podedes ver aos videoxogos.

Coméntase tamén que poderían saír o tan rumoreado N95 de 8Gb e algúns novos XpressMusic. En canto teñamos información nova sairá en Trebellos

Vía: Engadget

En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb


Apple iPhone vs Nokia N95

N95 vs iPhoneDende CNET quixeron comparar os dous mellores móbiles que hai agora mesmo no mercado, o Nokia N95 e o Apple iPhone.

Finalmente, para os de CNET, gañou o Apple iPhone por 59 a 56 puntos, aínda que o resultado é moi subxetivo e podemos ter outra opinión. Para chegar a un resultado os de CNET compararon os dous teléfonos móbiles en 5 categorías (rondas): atractivo, navegación, características, calidade do vídeo e da música e calidade das chamadas.

O equipo de CNET que comparou os dous trebellos estaba formado por 3 persoas que puntuaban, cada un independentemente, do 1 ao 5.

Segue lendo »


« Anteriores entradasPosteriores entradas »