Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Haberá nova versión dos SO Symbian

SymbianSeica pronto teremos unha nova versión do sistema operativo máis famoso para os móbiles, o Symbian. Será a Symbian S60 3rd Edition Feature Pack 2 para os móbiles Nokia, e segundo os rumores sairá en xuño do 2008.

Entre as novidades podemos atopar novos efectos (visuais) e transicións ao abrir, pechar e cambiar de aplicacións, novas opcións de configuración como poder pór unha imaxe a pantalla completa cada vez que nos chaman ou pór varias imaxes de fondo de pantalla que se cambiaran secuencialmente. Tamén mellorarán a usabilidade podendo ter un móbil multi-tarea (varias aplicacións abertas á vez), na guía poderemos ver os contactos do teléfono e da tarxeta SIM coas mesmas opcións, e ademáis se escribiumos un SMS e engadimos un contido multimedia pasará automáticamente a ser MMS.

Tamén seica optimizaron parte do código para gañar maior rendemento.

A ver se por fin o que seguramente sexa o mellor sistema operativo para móbiles é rápido, xa que o único que falla nos móbiles Symbian é a súa velocidade.

Visto en Xátaka Móvil.
Máis información: S60.


Nokia N82 e HP TJ8300

Nokia N82

Nokia amplía a súa gama NSeries co N82, un teléfono móbil de características semellantes ás doutros modelos como o N95. O trebello está enfocado á navegación pola Internet e ás opcións multimedia.
Conta cunha cámara de 5 megapíxeles con óptica Carl Zeiss para sacar fotos ou gravar videos con resolución VGA e realizar videochamadas. A conectividade está asegurada, xa que incorpora tecnoloxía HSDPA, bluetooth e soporte WiFi. Tamén dispón da tecnoloxía GPS, aprobeitable grazas á aplicación Nokia Maps, integrada de serie no seu sistema operativo, Symbian OS 3ª edición. Para almacenar tódolos arquivos conta cunha memoria interna de 100MB e lector de tarxetas MicroSD.
O seu prezo ronda os 450 euros.

Máis información: Nokia

HP TJ8300

Aínda que non está enfocada ao uso doméstico, a HP TJ8300 destaca polas súas impresionantes proporcións.
O seu deseño é semellante ao de calquera impresora de inxección de tinta compacta, pero este modelo ten perto de dous metros de alto e pesa unhas tres toneladas. Está deseñada para a impresión de todo tipo de publicidade en diferentes soportes flexibles como o PVC ou o vinilo, e é capaz de imprimir 400 m2 nunha hora.
Como curiosidade, dicir que os cartaces do festival de Cannes foron impresos en impresoras coma estas.

Máis información: HP


Microsoft comeza a patentar o ZunePhone

Ou iso parece. E se Microsoft copiou o iPod para sacar un Zune, agora toca copiar o iPhone para un posíbel ZunePhone. E velaí tedes o que acaba de patentar, un modelo de interfaz que lembra algo:

ZunePhone

En fin, todo semella que imos ter un teléfono de Microsoft dentro de pouco. E, persoalmente, moito debeu triunfar o Zune para que agora se animen a sacar un ZunePhone. Tamén nos poderiamos preguntar, ¿onde triunfou o Zune?
Vía: CrunchGear


Samsung Armani

Confirmase o lanzamento do teléfono elaborado por Armani e Samsung. Un duro competidor contra o lg prada e un máis contra o iphone.

armani phone

O modelo basase no samsung sgh-p520, a continuación as súas principais características:

  • 88 x 54 x 8.9 mm de tamaño e 102 gramos de peso.
  • Pantalla de 2,6 pulgadas táctil que vibra levemente cando pulsamos un botón.
  • Cámara principal de 3Mpixeles
  • Memoria interna de 50Mbs ampliable mediante tarxetas microSD.
  • Conectividade bluetooth e wifi con soporte UMA (permite cambiar de redes GSM a wifi de maneira transparente).
  • Lector de documentos.
  • Duración da batería de ata 3 horas en chamada e ata 9 días en espera.
  • Estará dispoñible a partires de novembro por un precio que rondará os 400€ libre.

    Visto en: Xataka movil


    Samsung SGH-i780

    sgh-i780

    Recentemente desvelouse o novo smartphone de samsung, a continuación detallamos as súas características principais.

    Terminal con dimensións 115.9 x 61.3 x 13.3 mm, pantalla táctil de 2.55” con resolución de 320 x 320 px e cursor de rato, teclado QWERTY, soporte UMTS/HSDPA 2,1 GHz, cámara principal de 2 megapixeles e secundaria para facer videochamadas con calidade vga, conectividade bluetooth, wifi b/g, soporte pushmail, navegador gps e ranura para tarxetas microSD. Utiliza o sistema operativo Windows Mobile 6 Profesional.

    Aínda non se sabe a data de saída ó mercado nin o prezo, pero si se sabe que sairá en Europa.

    Podedes ver un video do smartphone en acción clickeando aquí.

    Visto en: Xatakamovil


    Vídeo promocional do Nokia N81

    Xa falamos fai tempo do Nokia N81, mais agora saiu o vídeo promocional, comentando tódalas novidades que introduce este terminal, claramente orientado á xente máis moza e que usa intensivamente o seu reproductor de MP3, a internet móbil e os seus videoxogos. Que vos preste.

    En Trebellos: Nokia N81, presentado oficialmente


    Nokia E51, conectividade na palma da man

    Nokia E51A finesa Nokia ven de presentar hoxe o novo Nokia E51, que por tanto está destinado a esas persoas que precisan ler o correo electrónico e estar conectados alá onde queira que estean, como todos os da serie E de Nokia.

    Destaca por ter WiFi e HSDPA (o da WiFi xa está en case tódolos os da serie E, e é algo de agradecer), nun terminal a primeiras fino e estilizado, borrando ese estereotipo de que os terminais pra negocios e demais non son agradábeis á vista. No apartado de correo electrónico, tentando arrebatar algo de espazo ás Blackberry, Nokia ven de incluir unha pequena luz que se ilumina coa chegada de novos correos electrónicos.

    As diferenzas do novo E51 é o seu deseño, que é semellante ao do Nokia E65, pois emprega materiais como o acero inoxidábel, e incorpora un pad e teclas de acceso directo ao igual que o terminal dito, perdendo o joystick que existía no E50 e que cada vez usa menos Nokia.

    Destacar como características, ademais das ditas, Bluetooth 2.0, porto miniUSB pra conectalo directamente ao ordenador, infravermellos, pantalla de 2″ con 240×320 píxels e 16 millóns de colores, memoria interna de 130Mb ampliábel mediante microSD, radio FM, cámara de 2 megapíxeis con zoom dixital 4x e reproductor de audio e vídeo.

    A autonomía da batería é de 4,4 horas en conversa e 13 días en espera. Pesa 100 gramos e sairá ao mercado a final de ano a 350 euros libre, un bo prezo, e en dúas cores, negro e marrón.

    Máis información: Nota de prensa de Nokia


    Meizu M8 á venda en Xaneiro

    Meizu M8

    Todo apunta nos rumores a que o Meizu M8 MiniOne, cunha semellanza notábel ao iPhone, podería sair ao mercado o 17 de Xaneiro. Ademais, xa se sabe o prezo: 568 euros, que aínda que pareza elevado era moito menos do que se estaba a falar.

    En Trebellos: Rediseño do Meizu M8
    Vía: Engadget


    Vodafone sacará o Samsung F700

    Samsung F700

    Fai pouco nos facíamos eco da semellanza entre o Samsung F700 e o iPhone, e agora voltamos a falar deste terminal pois Vodafone confirma que complementará unha oferta de máis de 25 terminais antes de finais de ano. A verdade que o Samsung F700 supera ao iPhone nalgunhas cousas, pois soporta HSDPA, chegando a velocidades de 7,2 Mbps, ten un tegrado deslizante e cámara de 5Mp.

    Presentacións de este terminal fan que se descarte aínda que sexa un pouco a Vodafone como lanzadora do iPhone en España, cicais tamén en parte porque Vodafone se centra moito no 3G, cousa que non ten o iPhone, e as miradas volten a apuntar descaradamente a Movistar como a empresa que o sacará.

    Vía: MacWorld
    En Trebellos: Samsung Croix, parecidos razonábeis


    Palm Treo 500v, coa novidade de Windows Mobile

    Palm Treo 500v

    Palm ven de presentar o novo modelo Treo 500v, que destaca por levar Windows Mobile como Sistema Operativo, un cambio bastante brusco na marca, que desenrolaba seu SO Palm OS.

    O terminal en sí ten conectividade 3G, a pantalla non é tactil e conta con aplicacións incluídas como Internet Explorer, visores de documentos de Office ou Windows Media Player, e ademáis, como sae con Vodafone o trebello, trae integrado Vodafone Live! e un sistema de correo push, como o das Blackberry.

    Ten tamén unha cámara de fotos con resolución de 2 megapíxeis e unha memoria interna de 150Mb, ampliábeis mediante tarxetas de memoria microSD.

    O terminal sairá a partir de Outubro con Vodafone, en branco e gris escuro. Fontes da compañía aclararon que será un terminal orientado ao público non empresarial, polo que agardamos que o prezo tamén sexa así.

    Actualización: Wicho comenta que non é a primeira PDA de Palm con Windows Mobile, anteriormente xa saiu a Palm Treo 750v. Graciñas!


    Posteriores entradas »