Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Toshiba Gigabeat T401, PMC sen fíos

Toshiba Gigabeat T401

Toshiba ven de presentar o Toshiba Gigabeat T401, un Centro Multimedia Portable pero que ademáis ten conexión sen fíos, pra poder así compartir arquivos. Ten bastante boa pinta de cara ao mercado multimedia, mais teremos que agardar pra ver cómo funciona exactamente súa capacidade sen fíos, e se non está limitada dalgún xeito.

O reproductor ten unha pantalla de 2.4 pulgadas e resolución de 320×240 píxeles, con soporte pra reproducir vídeo WMV, MP3 e outros ficheiros como WMA nos seus 4GB de memoria flash e unha batería que segundo a marca dura 16 horas de reproducción de audio ou 5 de vídeo.

Este pequeno reproductor, de só 9.9 milímetros de delgadez sairá no país nipón en Outubro a un prezo de saída de 250 dólares aproximadamente, e de chegar a Europa o faría sobre o Nadal ou a comezos do vindeiro ano.

Máis información: Toshiba


Cassete MP3 Player, o reproductor do pasado actualizado.

CMPXa empeza a ser coñecida a miña predilección polas cintas de cassete. Se fai uns días falabamos dunha memoria con este aspecto, hoxe tocalle o turno a un reproductor mp3 que semella unha antiga cinta de cassete. O trebello ten dúas funcións, por un lado serve coma un reproductor de mp3 convencional grazas ó uso de tarxetas Secure Dixital, e por outra banda serve para escoitar dende calquer reproductor de cassete como a o do coche ou unha vella cadea musical.

Como reproductor, ten unha interfaz de 7 botons e pode ser recargado con transformador ou vía USB. Como adaptador pra cassete, chega con introducilo e dalle ó play, claro que non poderas avanzar rapidamente polas cancións. O Cassete MP3 player estará dispoñible pronto.

Visto en Digital Drops

Mais información : Páxina do produto


i-Station Traveller, altofalantes pra o iPhone

i-Station Traveller

Logic3 ven de presentar os altofalantes i-Station Traveller, que son os primeiros altofalantes deseñados específicamente pra o iPhone, por se algún lector ou lectora de Trebellos ten un xa.

Neste i-Station Traveller o iPhone se pode colocar en posición horizontal, porén podemos ver vídeos na pantalla escoitándoos polos altofalantes. A potencia total é de 4 Watts producida por altofalantes de neodimio de 32mm.

O iPhone, como dicíamos, pódese pór tanto en horizontal como en vertical, ademais de poder escoitar a través deles outros reproductores, pois ten unha entrada de cable jack de 3.5mm pra outros reproductores.

O i-Station Traveller inclúe unha funda, un adaptador de corrente e catro pilas AAA coas que se pode alimentar. Sairá en breve á venda por 60 dólares.

Sitio oficial: Logic3


Altofalantes de carton Muji, ecolóxicos portátiles e sinxelos

mujiNa tenda online do Museo de arte moderno de New York, o MOMA poderemos adquirir uns curiosos altofalantes de carton deseñados por Muji. Muji e unha marca xaponesa (o nome significa literalmente “sen marca”) que leva 20 anos innovando e creando trebellos baixo as premisas de “menos e mais” e do respeto ó medioo ambiente. Así, os produtos desta firma con tendas en Barcelona son de materiais “pouco” contaminantes coma papel ou metacrilato e as súas envolturas tamén.

Neste caso, os altofalantes de cartón poden ser pregados para facilitalo seu transporte ainda que xa son pequenos de por si cuns 8 cm no seu lado maior. Os seus materiais pouco agresivos co medio, é a súa comodidade fan deles unha escolla moi práctica. De seguro non han dar un son dunha calidade espectacular, pero han nos sacar de un apuro por uns 42 € na tenda do MOMA ou por uns 20 ₤ nas tendas Muji.


Mais información
: Páxina do produto : Tenda MOMA : Páxina Muji


Razóns polas que non mercar un iPod agora mesmo

iPodEn Engadget fan unha entrada cunha serie de razóns bastante certas polas cales non sería bo mercar un iPod neste intre, se é o que estamos a pensar.

Principalmente, e diso falamos nos rumores de Trebellos, cada vez hai máis rumores de novos iPod, e ademais:

  • O iPhone saiu fai uns meses.
  • Os novos iMac xa saíron fai pouco tempo.
  • Os actuais iPod 5G sufriron unha pequena baixada de prezos.

Baseándonos sobre todo no último apartado, e sobre todo en que os distribuidores comentan que Apple cada vez manda menos iPods da 5G, todo apunta a que teremos un Outono con novos iPod.

Sobre cómo van ser non se sabe nada a ciencia certa, mais se supón que usará gran parte da tecnoloxía do iPhone, polo que pode estar baseado no Sistema Operativo Mac OS X e ter pantalla táctil, mais o seguro é que pode sair entre Setembro e Novembro, o momento ideal pra ser o producto estrela este Nadal.

Vía: Engadget
En Trebellos: Rumores de novos iPod
En Trebellos: O iPod 6G cada día máis preto… ¿teremos nova interface? Semella que si.


Mix Tape USB facendo recopilacions coma antes

mix tape USB
Se eres dos nostálxicos que botas de menos grabar recopilatorios en cintas cassete para regalarlle ós teus amigos, estas de sorte xa que SUCK UK lanzará o mes que ven unha memoria USB que ven nun estuche de cinta cassete coma nos vellos tempos, pra poder grabarlle as nosas cancions favoritas e escoitalas no noso ordenador cun comodo look a cassete antiguo.

Si botas de menos facer cintas gravadas, este trebello volverache a ilusión. Só nos falta saber o prezo pra saber se o invento e rentable ou non.

Visto en : Digital Drops

Mais información : SUCK UK


Polk Audio SurroundBar, son envolvente en pouco espazo

Surround Black Bar

Dun tempo a esta parte, por todos é sabido o aumento das vendas dos aparatos pra escoitar con son envolvente na nosa casa. Nalgunhas ocasións, por falla de espazo temos que recurrir a solucións duns so altofalante que, aínda que sexan algo máis caras proporcionan tamén un son fantástico nun espazo máis reducido.

E de aí ven a solución que nos propón Polk Audio, cun só altavoz pero que proporciona un son completamente envolvente grazas á tecnoloxía SDA® que teñen patentada sobre cómo o son nos pode envolver, creando unha experiencia única no noso salón.

O seu prezo, cicais algo elevado comparado ás solucións tradicionais, é de ao redor de 1000 dólares, dependendo do lugar de venda.

Máis información: Páxina oficial do producto
Vía: OhGizmo!


iHome´s iH85B, altofalantes pra o iPod na bicicleta

iHome iH85B
Se onte falábamos do GPS pra moteiros, hoxe en Trebellos imos falar dun accesorio que será bastante útil pra todos aqueles que tamén fagan deporte ao aire libre, neste caso o ciclismo.

Imos falar doiHome iH85B, que é un estoxo de policarbonato resistente onde poder gardar a botella de auga namentras andamos na bicicleta. Ata aí, normal.

Pero,ademais, é un lugar onde poder meter o iPod e así escoitar a nosa música a través de este estoxo/soporte, pois incorpora dous pequenos altofalantes.

Ademais, pode ser controlado por control remoto, polo que non é algo incómodo namentras andamos na bicicleta, pois este control remoto se pode enganchar no manillar da bicicleta.

Pese a todo, algún verá a utilidade de ir coa bicicleta e uns altofalantes, sobre todo pola molestia que poida causar a todos aqueles polos que pase ao carón, pero iso non é cousa nosa.

Este curioso trebello está á venda por 83 dólares en Amazon.com

Vía: PopGadget


Os 10 trebellos que queres ter

O portal de novas tecnoloxías CNET ven de publicar unha listaxe cos 10 trebellos que deberias ter.

    iPhone
      1. iPhone
      Como non podía ser doutro xeito, no primeiro lugar está o trebello que revolucionou o mundo dos trebellos. O iPhone coa súa pantalla multi-táctil e o gran investimento en marketing por parte de Apple conseguiu chegar ao number one desta lista. Para moitos o trebello do ano para outros non tanto, sen dúbida merécese estar nesta lista, polo menos polo rebumbio que fai. Alí onde esteas sempre se fala do iPhone.

    Wii

      2. Wii
      A Wii de Nintendo está a gañar a guerra da next gen de consolas. Recentemente chegou aos 10 millóns de dispositivos vendidos, está a poucos millóns xa da XBox360 (que saiu un ano antes) e a moitisimos millóns da PlayStation 3 (que parece a gran perdedora). Este si que foi un trebello revolucionario. A súa forma de xogar, movendo o mando, asegúranos moita diversión.

    iPod

      3. iPod Nano

      O iPod non podía faltar nesta lista. Se cadra o iPod é o trebello por antonomasia, quen non coñece o que é un iPod? Seguro que a xente que non sabe nada de ordenadores, de mp3 nin de nada de novas tecnoloxías algunha vez oiu falar do iPod. Desta vez o iPod Nano chegou ao terceiro posto e Apple consigue meter 2 trebellos seus nos 3 primeiros lugares, se cadra porque son bos ou se cadra porque teñen o mellor marketing.

Estos son os 3 primeiros da lista pero hai máis.

No 4º lugar está o SanDisk Sansa Connect, outro mp3 con moitas funcións: Wi-Fi, radio web stream, 4GB internos e ranura para unha tarxeta microSD, etc. No 5º están os MacBook, os ordenadores portátiles de Apple desexados por moitas persoas grazas ao seu deseño e á súa calidade. No posto número 6 está o Sling Media Slingbox A/V, un trebello que permite conectar a túa TV ao ordenador ou a calquera dispositivo móbil (con Windows Mobile) para así poder ver a TV dende o teu ordenador (por exemplo). No 7º lugar do ranking está a Nintendo DS Lite, a consola portátil que xa gañou a guerra desta xeración de consolas portátiles, a súa calidade, os seus xogos, as dúas pantallas e o modo de xogo (pantalla táctil) fan desta consola a mellor consola portátil. No 8º lugar está a Samsung LN-T4665F, unha TV LCD de 46 polgadas e 1080p HDTV, a mellor calidade nunha televisión LCD. No 9º posto está a Sony Handycam HDR-HC7, unha cámara de video (non profesional) de moita calidade que fai imposible gravar cousas malas. No derradeiro posto da lista están os V-Moda Bass Freq headphones, uns cascos de música para escoitar a un bo prezo e a unha mellor calidade a música do noso mp3.

Como vedes é moi discutible esta lista, pero por iso non deixa de ser unha lista con moi bos trebellos.

Se tes moitos dos trebellos que hai nesta lista és moi geek.

Visto en Código Cero.
Máis información: CNET - Top 10 must-haves.


Creative Zen V Plus, agora con 16GB de memoria

Creative ZenPra os que non gostan do iPod, estes Creative Zen sempre foron unha boa opción, e aínda que non ofrecen a mesma capacidade nen as mesmas características seguen a ter unha boa venda no mercado como alternativa ao flamante mp3 de Apple.

Neste caso temos que falar dos novos Creative Zen V Plus, que saen á venda con memorias flash de 16GB, concretamente con tecnoloxía SSD, algo abraiante que superaría en memoria aos iPod nano, que empregan esa tecnoloxía.

Polo dagora estas novas versións só se están a vender en Singapur a partir duns 250 dólares, aproximadamente.

Máis información: Ounae


« Anteriores entradasPosteriores entradas »