Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Logitech MX Air Mouse, o novo rato de Logitech

mx air
Logitech presentou o seu novo modelo de rato MX Air Mouse que ven de revolucionar o concepto de perifericos para os ordenadores. O novo rato, que estará dispoñible a partires do próximo mes usa unha novia tecnoloxía de seguimento por laser que lle permite manexalo no aire, ó mais puro estilo do mando da Wii de Nintendo. Ademais, tamén funciona como rato normal sen fíos.

Estas novas funcionalidades supoñense moi comodas para as presentacions multimedia e porque non, para os media center onde non existe unha postura axeitada para mover o rato sobre da mesa. Parece que os movementos conseguidos son bastante realistas e que usara “gestures” ó mais puro estilo dos navegadores modernos.
O rato terá un prezo de saida de 150 $.

Mais información
: Logitech


AirCable, adaptador bluetooth con alcance de 30km

AirCable

Maxina por un intre do que estamos a falar de esta nova e do que son 30 kilómetros. Como é de agardar neste tipo de instalacións sen fíos, os 30 kilómetros teóricos serían cunha instalación 100% correcta e cos componentes ideais.

Pero, pese a todo, instalando nós este trebello poderemos disfrutar dunha cobertura xenial dependendo da antena que usemos, pois hai no mercado varias que se lle poden instalar. Cunha de 9dBi teríamos alcance de 2Km, e con outra, co doble de potencia teríamos cobertura de 10km, unha cifra nada despreciábel pra unha transferenza de datos.

O Aircable é, como era de agardar, compatíbel 100% con Windows, Mac e Linux, e ven cunha antena de serie con alcance dun kilómetro, suficiente pra moitos de nós, a un prezo de 129$.

Vía: Gizmología
Máis información: AirCable


« Anteriores entradas