Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Teremos o iPhone en Europa para novembro?

Publicidade do iPhone en Alemaña

Non se sabe se cerá certo ou non, xa que Apple aínda non adiantou nada sobre o lanzamento do seu teléfono móbil no continente europeo, pero segundo un anuncio de T-Mobile, a compañía de telefonía móbil que probablemente se fixo cos dereitos de venda do iPhone en Alemaña, o trebello sairía á venda nese país o 12 de novembro con mellores características ca versión actual.

De seren certas as características publicadas, o iPhone tería unha capacidade de 16Gb (o dobre da versión actual) e o soporte de redes 3G/HSDPA e non EDGE. As tarifas, tamén dispoñibles no anuncio, serían bastante parecidas ás dispoñibles nos Estados Unidos, con diferenzas de 10, 20 e 30 euros respectivamente nos tres plans.

De ser isto certo, para cando teremos confirmación ou anuncio dunha suposta nova versión por parte dos de Cupertino?

Vía: CrunchGear


Rumores dun teléfono-consola de Sony Ericsson

Posíbel teléfono de Sony Ericsson

Nunha recente entrevista, Sony-Ericsson ven de afirmar que están na búsqueda dun “teléfono PlayStation”, o que disparou todo tipo de rumores estes días.

Os rumores apuntan en boa dirección, pois no vindeiro Febreiro, no Mobile World Congress a empresa pode presentar un teléfono orientado claramente ao xogo. Segundo a empresa, non ten por qué levar a marca PSP mais posíbelmente inclúa algún sensor como o que ten a Nintendo Wii.

Vía: TechDigest


Novos iPod mañá? Máis información

The beat goes on

Segundo últimas informacións, algunhas tendas distribuidoras de produtos Apple no noso país xa levan algún tempo sen recibir novas unidades de diversos productos da marca Apple, como son os iPod. En tendas como HiperPlanet (Lugo) os estantes dedicados a este reproductor están case baleiros, e segundo confirmou un dos vendedores, sen existencias.

Pero o que pasa en Lugo tamén pasa, segundo outras webs, nalgunhas tendas de toda a xeografía. Será isto unha confirmación de que Apple presentará novos reprodutores mañá?

Algunhas webs seguen especulando sobre isto. Mesmo apuntan á aparición de novas familias iPod e á desaparicíón do modelo máis básico, o Shuffle.

Será todo isto certo? A resposta… mañá!


Casio Exilim, 300fps nunha cámara fotográfica

Casio Exilim

Casio ven de anunciar hoxe o que pode ser unha das cámaras do ano, vexamos.

Este prototipo (líchedes ben) de Exilim ten un sensor de 6 MPx que permite sacar vídeo a 60fps na máxima resolución ou a 300fps en resolución VGA. Vale que é modo VGA, pero 300fps é algo propio dunha cámara de vídeo…

Esta pequena xoia ten zoom óptico de 12x e unhas medidas de 27.5×79.5×130 mm, cun peso de 650 gramos. E ata aí podemos dar de datos, lembrade que é un prototipo aínda.

Vía: DPreview


Seguen os rumores de novos iPod para o Mércores

The beat goes on

Xa estranaba que a dous días do evento houbese tan poucos rumores. Hoxe comentan, en base ao dito por manufactureiros de Taiwan, algunha das características dos novos iPod que se presentarían o Mércores. Vexamos:

  • Novos iPod Video, con interfaz semellante á do iPhone, uso de memorias NAND en vez do tradicional disco duro e conectividade Wi-Fi.
  • Novos iPod Nano, con subida de capacidade e unha interfaz tamén semellante á do iPhone. Os prezos serían os mesmos.
  • Novos iPod Shuffle, ou máis ben unha subida de capacidade, polo mesmo prezo.

Máis información: Digitimes
En Trebellos: Evento Apple o 5 de setembro
En Trebellos: Foto dos posíbeis novos iPod nano


Evento Apple o 5 de setembro

The beat goes on

Apple vén de anunciar un novo evento na súa sede central de San Francisco o próximo mércores para a presentación de novos produtos relacionados coa familia iPod, se atendemos á imaxe que acompaña esta entrada.

A invitación ó evento foi enviada durante esta semana a diversas webs especializadas en tecnoloxía dos Estados Unidos, con certa rapidez motivada pola filtración de imaxes dos novos iPod nano á rede que Apple mandou retirar e das que vos informamos hai uns días en Trebellos.

Segundo diversas webs, no evento tamén podería anunciarse un acordo entre Apple e The Beatles para a distribución na Apple Store da súa discografía, xa que a frase que acompaña a invitación “The beat goes on” foi a que empregaron os músicos na súa carta de despedida. Tamén se prevé a presentación da venda de películas e series no continente europeo, dispoñible xa dende comezos desta semana no Reino Unido.

Vía: AppleWeblog


Rumores dun novo Nokia N81

Nokia N81

Nokia ten previsto mañá Mércores un gran evento en Londres, mais xa espertaron os rumores dos teléfonos que poden sacar, entre eles o que vedes, o N81 que sería un teléfono multimedia mais tamén enfocado como podedes ver aos videoxogos.

Coméntase tamén que poderían saír o tan rumoreado N95 de 8Gb e algúns novos XpressMusic. En canto teñamos información nova sairá en Trebellos

Vía: Engadget

En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb


Foto dos posíbeis novos iPod nano

Posíbeis iPod Nano

Ben, o que vedes aí enriba é unha foto dos supostamente novos iPod nano, que sairían en breve. Sei que en Trebellos é o enésimo rumor que damos da inminente saída dos novos nano, pero por algo será.

Na entrada do blogue que sacou o rumor non atopamos nada pois, según eles, Apple mandou retirar a imaxe. Pero xa foi demasiado tarde. ¿Iso significa que confirman eses nano? A min persoalmente me encantan así, máis cadrados.

Vía: Applesfera


Posíbel accesorio de guitarra pra a Nintendo DS

Guitar Hero DS

Curioso este trebello cando menos. Se ben aínda é un rumor a partir dunha entrevista, o cofundador da marca de accesorios pra consolas e videoxogos RedOctane suxeriu que o Guitar Hero III pra a Nintendo DS debería levar un control que fose unha guitarra pra facelo funcionar á perfección.

Ademais, Charles Huang suxeriu que están vendo o xeito de meter periféricos pra a Nintendo DS, o que sería algo fantástico á vez que algo extraño, pois nós ao menos non nos maxinamos un control de guitarra tan pequeno, ¿sería cómodo?

Vía: Engadget
Máis información: RedOctane


Razóns polas que non mercar un iPod agora mesmo

iPodEn Engadget fan unha entrada cunha serie de razóns bastante certas polas cales non sería bo mercar un iPod neste intre, se é o que estamos a pensar.

Principalmente, e diso falamos nos rumores de Trebellos, cada vez hai máis rumores de novos iPod, e ademais:

  • O iPhone saiu fai uns meses.
  • Os novos iMac xa saíron fai pouco tempo.
  • Os actuais iPod 5G sufriron unha pequena baixada de prezos.

Baseándonos sobre todo no último apartado, e sobre todo en que os distribuidores comentan que Apple cada vez manda menos iPods da 5G, todo apunta a que teremos un Outono con novos iPod.

Sobre cómo van ser non se sabe nada a ciencia certa, mais se supón que usará gran parte da tecnoloxía do iPhone, polo que pode estar baseado no Sistema Operativo Mac OS X e ter pantalla táctil, mais o seguro é que pode sair entre Setembro e Novembro, o momento ideal pra ser o producto estrela este Nadal.

Vía: Engadget
En Trebellos: Rumores de novos iPod
En Trebellos: O iPod 6G cada día máis preto… ¿teremos nova interface? Semella que si.


« Anteriores entradasPosteriores entradas »