Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Roboquad, o centolo robótico

roboquadO Roboquad e un robot con deseño de artrópodo que foi presentado o pasado Xaneiro pola empresa WowWee e que sairá a venda en Agosto. O Roboquad ten catro patas e un chasis mobil que lle permite moverse e interactuar sobre calquer superficie. A cabeza tamén e mobil e leva os sensores de son, luz e infraroxos. Ven cun mando a distancia dende onde se poderán programas os seus 40 movementos distintos pra facer interaccións mais complexas como danzas. Disque o roboquad e identificar o tamaño dos obxetos e reaccionar rapidamente.

Cos axustes poderemos cambiar entre os seus modos de actividade e agresividade para alterar a súa personalidade e comportamento. Pode servir como centinela dun cuarto, ou poderemoslle adosar unha minicamara para sitios escondidos. Roboquad venderase a uns 119 €.

Mais información : Roboquad


Clocky, o espertador con rodas

Clocky Clocky é un trebello moi curioso. Como podedes comprobar é un espertador con rodas, algo fóra do común.

E para que serve un espertador con rodas? Pois para conseguir que te levantes á hora adecuada. Clocky dáche unha soa oportunidade para que te levantes, se apagas a alarma (snooze) o espertador salta da mesiña de noite e anda por toda a habitación ata esconderse, algo así como unha mascota.

Clocky existe en 3 cores (branco, aqua e menta), funciona a pilas, pode saltar dende unha altura aproximada de 1 metro, é capaz de andar sobre madeira e moqueta e o seu prezo é de 50 dólares. Por suposto, se non queres que rode podes quitarlle as rodas.

No YouTube podemos ver varios videos sobre o Clocky, incluido o anuncio comercial.

Máis información: Nanda (páxina do produto).


Robots que limpan piscinas

Cantas piscinas hai na Galicia? De seguro que moitas máis das que pensamos e agora que chega o bo tempo haberá que poñelas a punto, o que supón que hai que limpalas, unha tarefa moi dura e pouco gratificante (a non ser que te deas un chupo despois).

Para axudarnos nesta tarefa, iRobot fabricou dous robots para a limpeza de piscinas, o iRobot Verro 300 e o iRobot Verro 600. Cada un deles é capaz de limpar a basura, suciedade, algas e bacterias que se poden atopar tanto no chan coma na superficie ou nas paredes. Teñen un cable de 18 metros para conectalos á corrente e tardan aproximadamente 1 hora (dependendo do tamaño da piscina) para limpar toda a piscina. O seu custo é algo elevado, o modelo Verro 300 custa 800 dólares e o modelo Verro 600 custa 1200 dólares.

iRobot Verro 300

Vía: Xataka.
Máis información: iRobot, páxina oficial do Verro 300 e do Verro 600.