Memorias SanDisk en púrpura contra o Alzheimer

Seguro que case todos coñecedes algún PRODUCT(RED), como os iPod nano ou os Shuffle, que se caracterizan pola súa cor vermella e porque unha certa parte do diñeiro que se recada coa súa venda é destinado á loita contra o SIDA en África.
Pois agora, aos produtos “vermellos” únenselles os produtos “púrpuras”, que é a cor escollida pola Asociación Estadounidense contra o Alzheimer para os produtos que colaboran coa entidade.
SanDisk, fabricante recoñecido mundialmente de memorias extraíbles e reprodutores multimeda, aportará un dólar por cada unidade das edicións especiais en púrpura do SanDisk Cruzer Micro de 2Gb e da tarxeta SD SanDisk Ultra II, tamén de 2Gb ata chegar ao millón de dólares.
Estas unidades están á venda nos Estados Unidos ao mesmo prezo que as unidades habituais.
Máis información: SanDisk

Estás farto de gardar os teus CDs e DVDs nas mesmas caixas de sempre? Sempre te esqueces do contido dun CD porque non te lembrache de poñerlle algo por fóra? Non hai problema. Coa nova caixa de CD de Pre.vu isto rematou. Grazas a que o trebello leva incorporado un micrófono e un pequeno altofalante, podemos gravar mensaxes de ata 60 segundos que podemos reproducir premendo un só botón.

Xa empeza a ser coñecida a miña predilección polas cintas de cassete. Se fai uns días falabamos 



