Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Wi-Fi Detector Watch, o reloxo dos geeks

Wifi detectorSe es dos que sempre vai co portátil (ou agora xa, teléfono móbil) buscando conexións wifis sen protección este é o teu trebello. O Wi-Fi Detector Watch ademáis de ser un reloxo que dá a hora, ten cronómetro, calendario e alarmas tamén é capaz de detectar as redes wifi. Ademáis amosa o nivel de intensidade do sinal.

Xa non haberá que acender o portátil para buscar redes wifis, con pulsar un botón no noso reloxo xa basta. Se precisas con urxencia dun ponto de acceso wifi sen contrasinal e sen ningunha medida de seguridade para poder ler o correo electrónico que agardabas ou enviar un importante e-mail, con este reloxo non terás que gastar batería acendendoo e buscando redes por aqui e por acolá. Pulsas un botón e ves todas as redes wifi… moveste un pouco e volves a pulsar. Así ata que atopas unha rede wifi libre e acendes o portátil.

Este pode ser o teu agasallo de nadal por algo máis de 20 euros.

Visto en Gadgetizer.
Máis información: ThinkGeek.


Unha TV no baño

Qué tal tomar un baño relaxante mentres miramos a nosa serie ou o noso programa de televisión favorito? Agora se pode grazas á empresa Evergreen que lanzou ao mercado por uns 230 euros aproximados a EG-FTV71S, que non ven sendo outra cousa que unha televisión de 154×200×38 mm, con autonomía para 4 horas e que ademáis é resistente á auga… ou water resistent como poñen os reloxios.

TV

Visto en Gizmlogía.


Nunca máis te queimarás a boca con esta taza

Esta taza ten grande utilidade, sirve nada máis e nada menos para evitar que nos queimemos a boca ao beber un café moi quente, por exemplo.

On Off mug

Grazas a uns pigmentos que ten a taza, cando vertemos dentro un líquido quente a taza pónse de cor branca e lése a palabra ON, cando vai enfriando vai cambiando de cor cara o negro e leráse a palabra OFF.

Así de sinxelo e útil por 16 euros, aínda que é posible que atopes tazas deste estilo por 3 euros nalgúns todoacien de toda a vida.

Visto en Gizmodo.
Máis información Charles & Marie.


Optimus Maximus, agora con máis configuracións

Optimus Maximus

O Optimus Maximus, un teclado con pantallas OLED a cor en cada unha das súas teclas do que xa vos falamos en Trebellos hai algún tempo estará dispoñible en novas configuracións. O prezo do teclado completo, 113 teclas con cadansúa pantalla, rondará os 1256 €. As novas versións do teclado terán un menor número de pantallas, e polo tanto unha redución considerable no seu prezo. Así a versión máis barata do teclado, con pantalla só na barra espaciadora, custará uns 371 €; a media, con dez pantallas na súa parte lateral esquerda, terá un prezo de 481 € e a máis alta, con 47 pantallas correspondentes ao teclado alfanumérico, rondará os 803 €.

Visto en: Engadget
Máis información: Art. Lebedev


USB Media Remote e o Play Seat Evolution

Aqui vos traemos dous trebellos moi diferentes pero moi útiles para algúns.

O primeiro e o USB Media Remote que non é outra cousa que un mando a distancia para o ordenador, que xa trae incluido un adaptador USB. Si, é feo, pero é útil xa que podes controlar as túas películas, a música, as presentacións de PowerPoint, etc. Ademáis ten esa forma porque pódese gardar na ranura da PCMCIA ideal para levar dunha forma cómoda nun portátil.

USB Media Remote

O outro trebello é moi grande e o trebello ideal para os amantes dos coches e dos xogos de carreiras. Trátase do Play Seat Evolution de Logitech, un sillón con volante e pedais para xogar comodamente e realisticamente aos videoxogos de carreiras. Teredes que dárvos presa para mercar este accesorio para videoxogos de algo menos de 500 euros, xa que só poñen á venda 100 unidades.

Play Seat Evolution

Visto en Gizmodo | Xátaka.
Máis información: USB Geek | Akihabara News.


Nokia N82 e HP TJ8300

Nokia N82

Nokia amplía a súa gama NSeries co N82, un teléfono móbil de características semellantes ás doutros modelos como o N95. O trebello está enfocado á navegación pola Internet e ás opcións multimedia.
Conta cunha cámara de 5 megapíxeles con óptica Carl Zeiss para sacar fotos ou gravar videos con resolución VGA e realizar videochamadas. A conectividade está asegurada, xa que incorpora tecnoloxía HSDPA, bluetooth e soporte WiFi. Tamén dispón da tecnoloxía GPS, aprobeitable grazas á aplicación Nokia Maps, integrada de serie no seu sistema operativo, Symbian OS 3ª edición. Para almacenar tódolos arquivos conta cunha memoria interna de 100MB e lector de tarxetas MicroSD.
O seu prezo ronda os 450 euros.

Máis información: Nokia

HP TJ8300

Aínda que non está enfocada ao uso doméstico, a HP TJ8300 destaca polas súas impresionantes proporcións.
O seu deseño é semellante ao de calquera impresora de inxección de tinta compacta, pero este modelo ten perto de dous metros de alto e pesa unhas tres toneladas. Está deseñada para a impresión de todo tipo de publicidade en diferentes soportes flexibles como o PVC ou o vinilo, e é capaz de imprimir 400 m2 nunha hora.
Como curiosidade, dicir que os cartaces do festival de Cannes foron impresos en impresoras coma estas.

Máis información: HP


Jetflash T3, o minipendrive de Trascend

jetflash t3
Transcend acaba de sacar ó mercado un dos pendrives máis pequenos do mercado cunhas dimensións de 0.3mm x 12.3mm x 2.4mm e 2 gramos de peso.

Ten un ratio de transferencia de 10 MB/s de lectura e 3MB/s de escritura.

Está feito extra resistente para que non se doble ou rompa como soe pasar coas minimemorias usb. Utiliza un chip especial (COB, chip on board) que se ensambla na carcasa de policarbonato irrompible así como os seus circuitos e fai que sexa irrompible.

Inclúe un pack de software coas seguintes características:

  • Función de bloqueo do ordenador: Fai que o pendrive sexa coma unha chave para restrinxir o acceso.
  • Función de encriptación ou seguridade: comprime e/ou protexe con contrasinal os archivos gardados usando a encriptacion AES.
  • Función de email: Pode usarse para enviar, recibir e gardar de modo seguros os correos eléctronicos.
  • Función de autologueo: Garda os teus contrasinais das webs e automáticamente loguearase en elas.
  • Non necesita drivers agás en windows 98.

    Polo momento está dispoñible en versións de 1gb e de 2gb con prezos de 10€ e 18€ respectivamente. Tamén se vende en packs de 5 unidades. A garantía é de por vida.

    Máis información: Trascend


    i-Buddy, o trebello para os adictos ao Messenger

    i-BuddyEn Galicia hai moitos adictos e adictas ao Windows Live Messenger, persoas que se pasan horas e horas chateando cos seus amigos. Para eles chega este curioso Trebello.

    O i-Buddy é un boneco que se conecta por USB ao ordenador e cambia de cor ou se move dependendo das mensaxes que recibas polo Messenger. Así, se nunha conversación do Windows Live Messenger, un contacto mándanos a emoticona dun corazón, o i-Buddy moverá as súas ás e a súa cabeza volveráse amarela.

    Só funciona en Microsoft Windows xa que este trebello é especial para o Windows Live Messenger e aínda non se sabe cal será o seu prezo.

    Visto en Gizmótika.
    Máis información: Páxina do produto.


    Proxector para teléfonos móvis

    proxector

    Xa vai un tempo desde que se comezou a falar de esta tecnoloxía, pero é agora cando saíu o primeiro prototipo. Este proxecto levao Texas Instruments por encargo de Motorola.

    Este primer prototipo utiliza rayos láser como fonte de luz para crear a imaxe aínda que se rumorea que o definitivo usará tecnoloxía led. Polo momento non ten nin calidade nin brillo suficientes como para non deixarnos a vista intentando ver as imaxes.

    Pulsade aquí para ver un video demostrativo do seu funcionamento co filme robots.

    Visto en: Gizmologia


    Razer Pro|Click Mobile, rato gamer para os portátiles

    Os xogadores de videoxogos por ordenador (chamados gamers) saben que non sirve calquera rato para xogar. Igual que non sirve calquera ordenador, por exemplo, os portátiles non son moi bos para xogar aos videoxogos. Aínda que, últimamente, saen portátiles especiais para xogar a videoxogos.

    Razer

    Pero… tampouco se pode xogar ben sen un bo rato. Por iso Razer, empresa especializada en ratos, acaba de lanzar un rato especial para gamers e para portátiles.

    Trátase do Razer Pro|Click Mobile, un rato pequeno, óptico e inarámico (Bluetooth) e cunha resolución de 1200 dpi (a velocidade do rato).

    Poderemos desfrutar del en outubro a un prezo de 36 euros aproximadamente.

    Visto en Xataka.
    Máis información: Razer.


    Posteriores entradas »