Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Imavisions, ordenadores con Linux dende O Grove

Acer con Ubuntu

Esa oferta que vedes é de Imavisions, unha empresa de O Grove que actualmente vende ordenadores con Linux (Ubuntu, neste caso) preinstalado, polo que baixa o prezo dos ordenadores ao non ter que pagar licenza.

En Trebellos xa falamos fai tempos de outros proxectos de Linux feitos no país como o Proxecto Trisquel, mais semella que están tendo unha boa acollida este tipo de iniciativas. Parabéns aos defensores do Software Libre.

Vía: Chuza! | Asennadas


Novos Sony Vaio, feitos para elas

Sony Vaio

Sony ven de presentar os novos Vaio Type C especialmente feitos para a muller e dispoñíbeis en catro cores: rosa, vermello, azul e branco.

Estas máquinas incorporan un monitor WXGA de 14 pulgadas, posibilidade de escoller procesador entre un Celeron ou un Core 2 Duo T7250, tarxeta gráfica Radeon X2300. E, por favor, aparte do tema das cores, non nos preguntedes en que pensaba Sony pra dicir que estaba feito pra as donas.

Vía: Akibahara News


Shuttle SN68PTG6 Deluxe, un barebone para os mais esixentes

SN68PTG6A compañía especializada en barebones Shuttle acaba de anunciar a saida dun novo trebello. O barebone SN68PTG6 Deluxe e un mini ordenador (ordenador compacto mais ben) que soporta procesadores AMD e ata 4 Gb de RAM. O trebello ven equipado con moitos extras: Bluetooth, wifi, e mesmo lector de pegadas dixitais.

Pero a característica principal deste ordenador, e a saida HDMI para conectar a televisores con esa entrada. A interfaz HDMI é de alta velocidade axeitada para visualizar contidos HD ou Full HD nos novos televisores que o soporten. Tamén ven equipado con saidas Dolby HD de oito canales. Esta conectividade avanzada faino candidato para un mediacenter de alta resolución.

O barebone estará dispoñible nas tendas a partires da proxima semana por un prezo de 365 € na versión Deluxe e 278 € para a basica.

Mais información :
Shuttle anuncia os seus novos barebones

Relacionado :
HD Ready e Full HD en trebellos


decTOP, unha chea de posibilidades por menos de cen euros

decTOP

Xa falamos en trebellos do Asus eee e mais do OLPC como alternativas para usuarios con poucos recursos, e hoxe traemos unha nova opción. O decTOP foi desenrolado por AMD fai uns anosdentro do programa 50×15 pra levar a tecnoloxía ós que mais o necesitan, e agora é comercializado pola empresa de New Orleans Data Evolution ó increible prezo de 99$ con rato e teclado incluidos.

Non é un superordenador (a súa tecnoloxía e do 2004) pero pode cumplir ben con moitas funcions co seu procesador de 366 Mhz, 10 Gb de disco duro e 128 Mb de RAM. Podese usar para navegar por internet, como un servidor nunha pequena rede, ou mesmo como centro de ocio multimedia. O decTop ven sen sistema operativo, ainda que se lle pode instalar linux ou mesmo Windows CE para o seu uso. O decTOP tamén é unha alternativa para aqueles que buscades un ordenador sen monitor, controlable remotamente e que poida estar aceso as 24 h do día sen consumir moita enerxía. As súas características son ampliables para quen o necesite.

De seguro unha boa compra, dispoñible na web de Data Evolution.

Mais información : Páxina do produto : Tenda de Data Evolution: Galería de fotos


Fiire, centro multimedia baseado en Linux

Fiire

Cicais nalgún intre queramos conectar o noso ordenador á televisión e usalo como centro multimedia, tendo bastante coidado co hardware a usar, pois podemos ter incompatibilidades. Unha opción a ter moi en conta é este dispositivo, un media center feito 100% en Linux, que non deixa de ser un ordenador, de feito ven composto por un procesador AMD Athlon 4200 con 1Gb de RAM, 160Gb de disco duro e unha tarxeta gráfica Nvidia 6200. Ademais, inclúe saídas DVI, VGA por componentes e S-Vídeo.

Unha posibilidade interesante pra este trebello é o de conectalo a outros televisores da casa, que poderán acceder aos contidos que teña, usándoo como un servidor. Ademais, podemos mercar o FiireChief, o mando a distancia pra controlar tódalas súas funcións.

O prezo depende do hardware seleccionado; o anterior modelo comentado costa 799 dólares e en xeral nos movemos entre os 499 e os 899, e se queremos mercar o FiireChief o temos á venda por 149 dólares.

Vía: Engadget.
Máis información: Fiire.


HP Compaq Presario B1200, 12.1 pulgadas ultraportátis

HP Compaq Presario B1200

Teño que recoñecer que son un apaixoado dos ordenadores portátis pequenos como este, pois sempre ofrecen unha autonomía fantástica aló onde estemos. HP Compaq veñen de presentar o Presario B1200, de 12.1 pulgadas e unha autonomía de 8 horas, algo realmente fantástico se finalmente é así.

O PC ven cos novos procesadores Centrino Duo pra portátis, con configuracións de ata 2GB de RAM, unha gráfica Intel GMA X3100 e con Windows Vista Business preinstalado.

Destacar tamén o disco duro de 160Gb, Bluetooth, un prezo de prácticamente 2.000 dólares e non, non había fotos sen a moza.

Vía: Xataka
Máis información: Páxina oficial


Todo o que querías saber sobre o novo Imac e nunca te atreviches a preguntar

novo imacPois tres días despois da saida do novo Imac, xa temos dispoñibles na rede toda a parafernalia que acompaña á presentación dos productos de Apple.

En primeiro lugar sairon fotos da desembalaxe. Nas fotos apreciase como agora incluen un pano pra limpalo ordenador (moi util) e os novos teclados cos que ven o novo trebello. Basicamente o ordenador e semellante, agás as cores e o novo é un pouco mais delgado e lixeiro. Non tardaron en sair analise en profundidade e algunha comparativa.

Pouco tradaron en aparecer as primeiras fotos de pornografia maquera (permitido menores de 18) que delatan que Jonathan Ive traballou por dentro o que non fixo por fora. Nesta remodelación aproveitaron para ordenar o interior como estaba no anterior Imac G5, e quedoulle moi ben

E por suposto os habituais sets en flickr de escritorios co novo ordenador, e demais instantaneas nos que poderemos apreciar en profundidade a estética do novo Imac.

Ainda así, sempre hai quen non quedou contento coa remodelación do buque insignia dos ordenadores pra consumo. Parece ser que o efecto glossy da pantalla, disminue o seu angulo de visión ata os 160º e produce uns brillos un pouco molestos. Realmente a pantalla non evolucionou moito, todo hai que dicilo.


Novos Mac mini presentados onte

Mac MiniE é que na presentación de onte non só se presentaron os novos iMac, senón que a gama dos Mac mini, os pequenos da gama de escritorio tamén sufriron unha pequena renovación por dentro.

Os novos mac Mini veñen con Intel Core 2 Duo e en duas configuracións posíbeis:

  • 1,83 Ghz de procesador, 80 GB de disco duro, 1 GB de memoria RAM e unidade lectora de DVD e gravadora de CD.
  • 2 Ghz de procesador, 120 GB de disco duro, 1 GB de memoria RAM e unidade gravadora e lectora de CD e DVD.

Os prezos son de 579€ pra o primeiro modelo e de 759€ pra o segundo.

Máis información: Apple Store


Novos modelos de iMac

Novo iMac
Hoxe falábamos do rumor e aí tedes na imaxe o novo iMac de Apple. O tegrado é o mesmo que presupoñíamos dende fai unha semana en Trebellos.

Polo tanto, xa non se van fabricar iMacs de 17 pulgadas, e só se venderán de 20 e 24. As salidas dispoñíbeis serán a de audio, 3 USB 2.0, 1 Firewire 400 e outro 800, 1 Gigabit Ethernet e unha saída de vídeo.

O modelo de 20 pulgadas sae hoxe mesmo ao mercado, con 1GB de memoria RAM e 250GB de disco duro, a un prezo de 1199 dólares; o módelo de 24 pulgadas por 1799 dólares.

Destacaría as posibilidades de aumentar o novo iMac, ata 4GB de RAM e 1TB de disco duro; namentras a velocidade máxima do procesador será de 2.4Ghz 2,8Ghz.

Agardemos que Steve Jobs presente algo máis esta tarde, pero é todo un pracer confirmar productos que en Trebellos comentamos e acertamos fai unhas horas.


Medison Celebrity, un portátil por só 114 euros

Medison Celebrity

Esto que vedes é o Celebrity, un pc portátil da empresa sueca Medison, que alí só custa $150.

De fábrica ven con Fedora Linux e un procesador Intel Celeron de 1.5 GHz, cunha pantalla de 14 pulgadas e resolución máxima de 1280×768 píxeles, ademais de ter tamén 256Mb de Ram e un disco duro de 40GB.

Destacaría tamén a conectividade Wi-Fi 802.11g, polo que pode ser unha boa alternativa pra levalo connosco e poder ler o correo ou navegar pola rede alí onde estemos.

Visto en: Digital Drops
Máis información: Web oficial do producto


« Anteriores entradasPosteriores entradas »