Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

iPhone no Reino Unido con O2 o 9 de novembro

iPhone Reino Unido

Como vos comentamos hai uns días en Trebellos, hoxe celebrouse unha rolda de prensa de Apple no Reino Unido. Nela anunciouse que o iPhone estará dispoñible alí a partir do 9 de novembro coa compañía de telefonía móbil O2. A versión de 8GB costará £269 (400 euros apróximadamente).

A versión do iPhone que se poñerá á venda é a mesma ca dos Estados Unidos. A compañía estivo actualizando a súa infraestrutura para que fose compatible con EDGE, o sistema de comunicación de datos que emprega o teléfono de Apple no continente americano. Segundo Steve Jobs, que o iPhone non dispoña de 3G é cuestión de aproximadamente un ano, xa que se se lle implementara esta tecnoloxía o teléfono vería disminuida a duración da batería e non tería unha capacidade adecuada para realizar chamadas e empregar tódalas súas prestacións.

O2 anunciou que o trebello tamén terá dispoñible o buzón de voz visual, ó igual que con AT&T. As tarifas coas que sairá á venda son de £35, 45 e 55 cun contrato de 18 meses coa compañía e a posibilidade de cargar ata 1400 páxinas web ao día. A compañía tamén firmou un acordo para que se poida acceder á rede mediante 7000 hotspots. A activación do iPhone farase coma nos Estados Unidos, por iTunes e escollendo o plan de prezos.


Vodafone sacará o Samsung F700

Samsung F700

Fai pouco nos facíamos eco da semellanza entre o Samsung F700 e o iPhone, e agora voltamos a falar deste terminal pois Vodafone confirma que complementará unha oferta de máis de 25 terminais antes de finais de ano. A verdade que o Samsung F700 supera ao iPhone nalgunhas cousas, pois soporta HSDPA, chegando a velocidades de 7,2 Mbps, ten un tegrado deslizante e cámara de 5Mp.

Presentacións de este terminal fan que se descarte aínda que sexa un pouco a Vodafone como lanzadora do iPhone en España, cicais tamén en parte porque Vodafone se centra moito no 3G, cousa que non ten o iPhone, e as miradas volten a apuntar descaradamente a Movistar como a empresa que o sacará.

Vía: MacWorld
En Trebellos: Samsung Croix, parecidos razonábeis


Sony Walkman E010, mp3 con cristais de Swarovski

Sony Walkman E010

É un pequeno capricho, mais tamén dicir que son bonitos. Falamos dos novos mp3 de Sony, os Walkman E010, que destacan por ter incrustacións de cristais Swarovski.

O prezo, pese a todo non é excesivo:

  • 1Gb por 128 dólares.
  • 2Gb por 150 dólares.
  • 4Gb por 200 dólares.

Están á venda como podedes ver en azul, dourado, rosa, lila e negro; ofrecen autonomía de 30 horas.

Vía: Xataka


Memorias SanDisk en púrpura contra o Alzheimer

Memorias SanDisk en púrpura

Seguro que case todos coñecedes algún PRODUCT(RED), como os iPod nano ou os Shuffle, que se caracterizan pola súa cor vermella e porque unha certa parte do diñeiro que se recada coa súa venda é destinado á loita contra o SIDA en África.

Pois agora, aos produtos “vermellos” únenselles os produtos “púrpuras”, que é a cor escollida pola Asociación Estadounidense contra o Alzheimer para os produtos que colaboran coa entidade.

SanDisk, fabricante recoñecido mundialmente de memorias extraíbles e reprodutores multimeda, aportará un dólar por cada unidade das edicións especiais en púrpura do SanDisk Cruzer Micro de 2Gb e da tarxeta SD SanDisk Ultra II, tamén de 2Gb ata chegar ao millón de dólares.

Estas unidades están á venda nos Estados Unidos ao mesmo prezo que as unidades habituais.

Máis información: SanDisk


Blackberry Curve 8310, anunciada oficialmente

Blackberry Curve 8310
RIM ven de anunciar a nova Blackberry 8310, que básicamente é a anterior Blackberry Curve pero con GPS. Porén, o resto de características seguen sendo as mesmas:

  • Teléfono cuatribanda
  • Memoria flash interna de 64MB, ampliábel mediante tarxetas de memoria MiniSD.
  • Bluetooth
  • Cámara de 2 megapíxeis
  • Reproductor de audio e vídeo, con altofalantes e saída para auriculares estándar
  • Batería de ata 17 días en espera ou 4 horas en conversa

O terminal sairá en exclusive con Vodafone en breve, e sairá con acceso directo a Google Maps e coa opción Vodafone GPS Navigator.

Vía: Xataka.com
Máis información: Web oficial
En Trebellos: Presentada a BlackBerry Curve


Sony Rolly, revolucionario robot musical

Sony Rolly

Xa sabíamos da existencia do Sony Rolly dende hai algún tempo, pero ata o de agora non se coñecía ningunha das súas características. Agora sabemos que o aparello pode funcionar ben como reprodutor MP3 ou como sistema de altofalantes inarámicos.

Como reprodutor MP3 autónomo, dispón dunha memoria de 1Gb, na que se pode almacenar música que o trebello se encargará de reproducir aleatoriamente grazas ós seus altofalantes integrados. Para cambiar de canción ou subirlle o volume é necesario xirar unha parte do robot, porque carece de botóns.

Como comentaba, o Rolly tamén pode servir para ter uns altofalantes inarámicos, xa que grazas a que incorpora a tecnoloxía Bluetooth pódese conectar cun ordenador.

Cando reproduce música, móvese e pode facer coreografías, configurables dende o PC e tamén dispoñibles en internet.

O trebello poñerase á venda en Xapón o 29 deste mesmo mes a un prezo de 350 dólares.

Vía: Xataka


Acer tamén aposta polo HD-DVD

AcerA guerra de formatos sucesores do DVD está moi quente, aínda non hai nada decidido e ninguén se atreve a facer apostas.

Nun principio Acer apostou polo Blu-Ray pero vendo que pode que este formato non sexa o que gañe, agora Acer tamén apoia o formato HD-DVD ao sumarse á HD DVD Promotional Group.

Acer xa ten portátiles con reprodutor Blu-Ray e tamén anunciou que fabricará portátiles con reprodutores HD-DVD.

Polo momento eu pronostico unha longa vida ao DVD e despois… non se sabe. É unha tonteria que existan os dous á vez, algún terá que gañar… pero cal?

Visto en
Xataka.
Máis información: Nota de prensa | HD DVD Promotional Group.


1.000.000 iPhones vendidos

1.000.000 iPhones vendidos

Aínda non unha semana despois da última keynote da compañía na que se anunciou a baixada de prezos do iPhone e o cese de producción do modelo de 4Gb, Apple anuncia que xa sobrepasou o millón de unidades vendidas. Tendo en conta que non pasaron aínda tres peses dende que se puxera á venda, o pasado 29 de xuño, isto é un auténtico récord.

O iPhone converteuse no teléfono móbil líder de vendas nos Estados unidos, xa que o número de unidades vendidas durante estes dous últimos meses foi maior que o número de vendas do resto de smartphones xuntos.

Como curiosidade, na nota de prensa da compañía menciónase que o tempo que pasou ata que se vendeu un millón de iPods foi de dous anos, moito máis tempo que se o comparamos co do iPhone.

Nota de prensa: Apple


LG XNOTE TX, con disco duro híbrido

LG Xnote TX

LG ven de lanzar un novo modelo na súa gama de ordenadores portátis, concretamente o XNOTE TX, cunha pantalla de 12 pulgadas. Destaca ademáis por ser un dos primeiros portátis cun disco duro híbrido (HHD) de 120Gb., soportar procesadores Core 2 Duo de 2GHz, 1Gb de memoria, webcam integrada de 1.3 Megapíxeis e gravadora de DVD.

Este ordenador sae á venda por un prezo de 1400€.

Vía: Engadget


HTC Touch, dispoñíbel con Vodafone

HTC TouchDende Trebellos queremos informar da saída xa no catálogo de puntos dun teléfono-pda bastante interesante, o HTC Touch. Con Movistar xa se pode conseguir dende Agosto, mais a oferta de Vodafone é bastante boa pois é prácticamente pola metade de prezo (con Vodafone e 250 puntos xa a temos por 219 euros).

A HTC Touch destaca polo TouchFlo, unha tecnoloxía que permite empregar os dedos ou o lápiz na pantalla táctil, semellante ao que se fai no iPhone. O teléfono é GSM Tribanda con GPRS/EDGE (non ten 3G), cun sistema operativo Windows Mobile 6 Professional, a pantalla táctil xa dita de 2.8″, procesador OMAP a 201 Mhz, 64Mb de RAM, 128Mb de ROM e unha cámara cun sensor CMOS de 2 Megapíxeis.

Tamén ten Bluetooth estéreo 2.0,conectividade Wi-Fi e slot pra tarxetas de memoria microSD. A batería ten unha capacidade de 1100 mAh que nos da 200 horas en espera e 5 en conversa.

Ten unhas dimensións de 99,9x58x13,9 mm e un peso de 112 gramos. Sinceramente, non é o iPhone pero é unha alternativa a ter moi en conta, e máis ao prezo que ofrece Vodafone.

Máis información: Vodafone


« Anteriores entradasPosteriores entradas »