Haberá nova versión dos SO Symbian
Seica pronto teremos unha nova versión do sistema operativo máis famoso para os móbiles, o Symbian. Será a Symbian S60 3rd Edition Feature Pack 2 para os móbiles Nokia, e segundo os rumores sairá en xuño do 2008.
Entre as novidades podemos atopar novos efectos (visuais) e transicións ao abrir, pechar e cambiar de aplicacións, novas opcións de configuración como poder pór unha imaxe a pantalla completa cada vez que nos chaman ou pór varias imaxes de fondo de pantalla que se cambiaran secuencialmente. Tamén mellorarán a usabilidade podendo ter un móbil multi-tarea (varias aplicacións abertas á vez), na guía poderemos ver os contactos do teléfono e da tarxeta SIM coas mesmas opcións, e ademáis se escribiumos un SMS e engadimos un contido multimedia pasará automáticamente a ser MMS.
Tamén seica optimizaron parte do código para gañar maior rendemento.
A ver se por fin o que seguramente sexa o mellor sistema operativo para móbiles é rápido, xa que o único que falla nos móbiles Symbian é a súa velocidade.
Visto en Xátaka Móvil.
Máis información: S60.



En 

A finesa Nokia ven de presentar hoxe o novo Nokia E51, que por tanto está destinado a esas persoas que precisan ler o correo electrónico e estar conectados alá onde queira que estean, como todos os da serie E de Nokia.

