Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Trebellos busca editores

Despois dun longo tempo sen publicar, Trebellos quere voltar á carga, retomando a actividade de escribir novas sobre gadgets en galego.

Porén, buscamos editores para Trebellos, xente xove disposta a meterse nun proxecto novidoso na rede en galego, para escribir novas pola semana sobre trebellos en galego.

¿Con ganas? Escríbenos a contacto@trebellos.org contándonos o teu nome, o teu blogue e escribindo unha entrada a modo de exemplo como se estiveses no blogue. Graciñas!


Voltamos cos Trebellos

Somos conscentes do tempo que leva Trebellos sen actualizarse, e ese tempo non foi en balde, pensamos que merecedes unha explicación e aí tentaremos ofrecela.

O actual equipo redactor de Trebellos non somos capaces de afrontar o ritmo de publicación diario ou case diario que tiña o blogue ata o momento. Cuestións persoais afastábannos da tarefa principal no blogue, e porén a partir dagora Trebellos terá por un tempo resumos semanais cos novos trebellos que vaian saíndo ao mercado. Decidimos esta situación antes que pechar o blogue pola mágoa que nos daría executar esa acción.

Porén, seguimos a recalcar a necesidade de máis blogueiros para Trebellos, estamos abertos a calqueira participación se é con ganas de formar parte deste proxecto.
Atentamente,

O Equipo Redactor de Trebellos.org


Amosa os teus trebellos

PS3

Queremos comezar a facer cousas en Trebellos ligadas contigo e hoxe presentamos a primeira.

Queremos que nos ensines teus trebellos. Pode ser unha cámara, un iPod, calqueira cousa que vexas interesante, ou un iPhone se o tes. De vez en cando iremos publicando as máis interesantes.

¿Cómo facer que saia túa foto? Tes primeiro que ter unha conta en Flickr. Logo, debes subir a foto en cuestión e asignarlle a etiqueta trebellos.

Anímate, e se todo vai ben, dentro de pouco publicaremos as primeiras imaxes por aquí…


¿Sabes de economía? Únete

CartosDende a factoría de Blogueiros, de onde naceu e se plasmou a idea que hoxe é este blogue, Trebellos, estamos a traballar arreo nun segundo blogue.

Buscamos a xente que lle encante a economía, os proxectos de empresas dende o país, os emprendedores e todo o seu mundo…¿Pensas que encaixas nese papel?

Se o pensas, non tes máis que mandar un correo a contacto-arroba-blogueiros.org indicando teu nome, por que deberías escribir no novo blogue e unha ou dúas entradas de exemplo, como se estiveses escribindo no novo blogue. Agardamos túas propostas…


Novo deseño en Trebellos.org

TrebellosAproveitando o 25 de Xullo, Día de Galicia, dende Trebellos.org lanzamos unha nova imaxe do noso weblog.

Queremos dárlle un novo pulo e unha nova imaxe ao proxecto e que mellor que elexir este día para a presentación do novo deseño. O deseño de cores laranxas, suaves e claras quere mellorar a lectura das novas que publicamos.

Andrés Milleiro ademáis de ser editor e propulsor da idea de Trebellos.org, é tamén o responsable do novo deseño.

Sen máis, agardamos que vos guste este novo deseño e que continuedes atentos a este weblog.


Xa temos Twitter de Trebellos

Twitter de TrebellosEn Trebellos non estamos alleos a tódalas novidades da Web 2.0 e por tanto somos conscientes do fenómeno Twitter.

Por iso a partir de hoxe podedes seguir as novidades en Trebellos no Twitter dun xeito sinxelo: engadindo como amigos ao usuario Trebellos no Twitter.

Decir tamén que o blogomillo non é alleo a este fenomeno twitter, nen os editores de Trebellos: Andrés Milleiro, Iago Laz, Goretoxo, chuza!


Recibe as novidades de Trebellos.org no teu escritorio

descarga o widget de trebellos Xa podes, grazas á xente de Beon recibir as novedades de Trebellos no teu escritorio (en Windows só, polo dagora).

Deste xeito, con esta eficaz aplicación, queremos terte máis perto de nós e que xa nen teñas que acudir á web pra ver se o sitio está actualizado, polo que terás as últimas novidades tecnolóxicas na palma da túa man.

Pra descargalo, só tes que facer click na imaxe ou aquí e instalalo no teu pc. A partir de ese intre, xa terás a Trebellos no teu escritorio. Agardo que vos guste.


Nace Trebellos

Trebellos

Señoras e señores, teño o pracer de presentarlles a Trebellos.

¿Que é Trebellos?
Trebellos é o primeiro blogue comercial en galego, é dicir, un blogue onde seus editores reparten os beneficios que o propio blogue xere. Esta experiencia non é nova, pois existen xa outras redes como WeblogsSL ou Hipertextual en castelán, ou WeblogsINC en inglés. O que ten Trebellos de especial é que é o primeiro blogue comercial en galego e que pretende ser o xerme da primeira rede de blogues comerciais en galego.

¿De ónde saiu Trebellos?
Todo naceu con esta entrada no meu blogue, onde buscaba a persoas interesadas en participar no proxecto dun blogue de trebellos en galego. Co tempo irán coñecendo a todo o equipo, pero xa lles avanzo que estamos Iarrovawo, Pedro Silva, Xaime, Seve e eu, Andrés Milleiro. Sede todos benvidos e benvidas.