Resolta a incompatibilidade dos novos iPod en Linux

Comentábamos hoxe en Trebellos a notabél incompatibilidade dos novos iPod entre os usuarios de Linux, que sabemos que no son poucos entre os nosos lectores.
A través de esta entrada en Xataka hoxe nos enteramos de que a principal dificultade estaba en que Apple engadiu nos novos iPod dous campos que eran o resultado dunha función hash, mais xa se sabe como calculalos.
De feito, os desenroladores de gtkpod (unha librería e un programa pra acceder ao iPod en Linux) descubriron como facelo e xa teñen o código, aínda que non presente no programa, só será cuestión de tempo.
Máis información: Web oficial Amarok



Se es un apaixoado de Linux, do código aberto e demais, seguro que esta nova vaite encantar. Dun tempo a esta parte se ven desenrolando o
Despois do
Mancomun.org e a Consellería de Innovación e Industria ven de publicar o primeiro corrector gramátical de galego para OpenOffice, chamado 
Chumby é un trebello que sirve para o que ti queiras. É altamente programable polo que podes descargar, ou incluso facer ti, un widget que faga calquera cousa. Así podes usar o teu Chumby como espertador, para ler as noticias, para ver os últimos videos de youtube, para ler os teus RSS, para xogar… todo isto grazas a que esta basado nunha distribución GNU/Linux e os seus deseñadores pensaron en Chumby como ese trebello diferente que sirve para o que ti queiras.