Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Guia pra mercar televisores planos (III): Alta Definición

Neste novo capítulo da guía pra mercar televisor, imos falar das diferencias entre FullHD e HD Ready e das principais vantaxes (e problemas) do novo sistema de alta definición

Logo da popularización dos plasmas FullHD podemos escomenzar a falar dun empate tecnoloxico entre LCD e plasma en canto a resolución. É bo momento para aclarar que se agacha tras esa morea de siglas: FullHD, HD ready

HDREADYO logotipo HDReady distingue ós televisores que cumplen os estandares da EICTA e que teñen unha entrada analóxica, unha dixital (DVI ou HDMI) e que teñen a lo menos 720p de resolución, é dicir 720 liñas como mínimo ou 1080i (1080 liñas entrelazadas).
A tecnoloxía FullHD refirese a televisores que soporten resolucions mínimas de 1920 X 1080, é dicir 1080p. Son 1080 liñas de escaneado progresivo, ou abreviando 1080p.
fullhd

E importante suliñar que ambas tecnoloxías son capacidades máximas do televisor, o que non quere dicir que vexamos a imaxe a esa resolución. Como xa indicamos noutros artigos, a calidade da imaxe ven condicionada pola calidade da fonte e dos conectores que usemos. Como a televisión (analóxica ou dixital) non consegue esa definición, para sacarlle o máximo partido ós nosos aparatos, debemos usar outro tipo de fonte de video dixital: lectores Blu-ray, ordenadores, PS3, etc… Non debemos esquecer o tipo de conectores axeitado para cada caso xa sexa DVI, HDMI 1.2 ou no caso de FullHD conexions HDMI 1.3 son as recomendadas.

Tamén cabe mencionar que as resolucions mais altas só pagan a pena en pantallas de mais de corenta pulgadas. En pantallas ata 40″, non poderemos distinguir se son 720p ou 1080p.

Por todas estas razons, pode ser un pouco precipitado mercar agora un televisor de estas características. Sobre todo, se non temos pensado mercar un reproductor BluRay ou unha consola de ultima xeración, xa que non lle sacaremos rendemento a estas tecnoloxías.

Relacionados
: Guia pra mercar televisores planos : Plasma ou LCD
Mais información : HD Ready : FullHD


Guia pra mercar televisores planos (II): Plasma Vs LCD

plasmavslcdLogo de falar do tamaño dos televisores para a casa, falaremos de dúas das tecnoloxías mais populares na actualidade. Cada vez son mais os modelos de televisores planos asequibles a un bolsillo medio. Pero á hora de mercar unha pantalla deste tipo son moitas as dudas que nos sacuden os miolos. Dende trebellos tentaremos resolver as mais problemáticas con esta guía de merca para que a elección sexa a mais axeitada.

Segue lendo »


Guia pra mercar televisor (I): Elección do tamaño

televisoresImoslle dar un repaso ás distintas opcións que temos pra mercar televisores de calquer tamaño.

A elección do tamaño decidirá o tipo de tecnoloxía que empregará o televisor. Para espazos pequenos coma un cuarto ou unha cociña, os televisores CRT de 14″ adoitan ser unha boa opcion polo seu prezo axustado dende 90€ , xa que os televisores LCD de 15″ están sobre 240€.

Se o que buscamos e unha pantalla mais grande para colocar no salón debemos ter en conta a distancia dende donde visionamos. Podense suxerir 37″ dende 2.5 m e 42″ dende 3 m como referencias, pero a raiña do mercado e sin dubida a pantalla de 32″. Tendo en conta que os televisores de plasma comenzan en 40″, se escollemos tamaños menores xa sabemos a tecnoloxía que empregará a nosa tele: LCD.

Segue lendo »


Guia de merca: ¿Reflex ou compacta?

camrasO aumento na oferta de modelos de camaras dixitais dispoñibels e a súa baixada de prezo fai cada vez mais dificil escoller un trebello para mercar. Ao día de hoxe, o custo dunha compacta de gama alta e similar ao custo dunha reflex dixital das económicas, por iso facemonos unha pregunta dende trebellos ¿Qué camara mercar?.

Non é unha pregunta doada de respostar, e tampouco ten unha solución única. Cada formato ten as súas ventaxas e as súas contras que deberemos valorar dependendo do uso que lle vaiamos dar. A primeira grande diferencia está nas dimensións. Unha reflex dixital anda polos 500 gramos de peso sen obxetivo e unha compacta anda sobre os 300-400 gramos. Ademais, moitas compactas podense meter no peto mentres que unha reflex dixital necesita dunha funda pra levala colgada. A movilidade dunha reflex dixital e moito mais reducida ca dunha compacta, é o primeiro factor a ter en conta.
Segue lendo »


Aprendendo: Discos duros externos

Inauguramos en Trebellos unha nova sección: Aprendendo, onde agardamos facer videotutoriais ou simples entradas pra explicar algún tema en concreto ás persoas que non saben demasiado sobre ese tema. Comezo eu falando dos discos duros externos e dos tipos que hai, para que non existan problemas ao ir á tenda e facer unha boa elección. Que vos guste:


Guía pra mercar auriculares (II)

Finalizo xa con esta entrega a guía pra mercar auriculares de Trebellos. Nesta entrega vou falar dese tipo de auriculares, cicais o máis usado actualmente, que é máis pequeno e se mete un pouco hacia adentro; son os intraauriculares. Neste tipo de auriculares, máis que no resto, a xente adoita mercar uns calquera, posíbelmente polo prezo, sen ganas de gastar máis que un par de euros.

Existen xa modelos de Sennheiser a uns 10 euros de este tipo ou de botón mais, coma no outro caso de auriculares, se queremos calidade de son e uns auriculares que nos duren moito tempo sen perder prestacións, deberemos gastar algo máis de diñeiro. Recalco esto último, pois é certo o de que duran máis tempo e que, no fondo, van sair igual de caros ou baratos que os outros auriculares. Imos aló cos dous modelos que presento nos intraauriculares:

Segue lendo »


Guía pra mercar auriculares (I)

Comezamos a primeira das guías pra mercar que faremos en Trebellos. Neste intre vou falar dunha das miñas maiores pasións, os auriculares. Moitos dos reproductores MP3 que mercamos teñen unha boa acústica pero que se ve moi mermada pola baixa calidade dos auriculares a través do cal escoitamos a música, polo cal os auriculares e a conexión que teñan vai ser un elemento fundamental cara a ter unha boa calidade de son e non está de máis gastar un pouco máis de cartos nuns bos auriculares. Nesta primeira entrega comezarei falando do tipo de auriculares que eu uso, os auriculares portátiles, os “de toda a vida”, que tan de moda se voltaron a pór dun tempo a esta parte e que, na miña opinión, mellor calidade de son ofrecen pese a ter o inconvinte do seu tamaño.
Segue lendo »