Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Blusens lanza o primeiro GPS en tres dimensións

Blusens

Boas novas pra Blusens e pra o sector tecnolóxico galego. A compañía vóltanos sorprender e, a falta de comunicación oficial no seu sitio web, sae na prensa que Blusens vai sacar o primeiro GPS en tres dimensións feito no mundo, algo que de veras, non fai máis que asomarme polo traballo desta empresa.

A novidade das tres dimensións no GPS é que ao velo, o conductor poderá ver a ruta que fai como se se tratase de vídeo, segundo palabras de José Ramón García, presidente e conselleiro delegado de Blusens.

Segundo a empresa o GPS estará listo a finais de Setembro ou principios de Outubro e sairá ao mercado en Decembro, momento ideal co Nadal ao carón. Agardaremos pois impacentemente as novas deste producto da factoría galega.

Máis información: Nova na prensa


Nokia aposta pola tecnoloxía GPS

GPS NokiaCada vez máis móbiles veñen con tecnoloxía GPS, pouco a pouco estáse a convertir nunha funcionalidade case imprescindíbel dun móbil como xa é a cámara de fotos ou o reprodutor mp3. E Nokia parece que quere que sexa así.

Vai pouco Nokia lanzou a aplicación gratuita smart2go de mapas que se pode conectar a un díspositivo GPS por medio de bluetooth, apostando claramente por esta tecnoloxía. E agora é Route 66, o proveedor do software GPS de Nokia, quen afirmou que todos os próximos móbiles de Nokia terán un chip GPS integrado, xa sexan móbiles de gama alta ou de gama baixa.

Pouco a pouco os móbiles van desvancando a outros gadgets do mercado, xa case o fixeron coas PDAs e parece que pronto o farán cos dispositivos GPS.

Vía: Xataka Móvil.
Máis información: Electronista.
Máis información: Route 66.


« Anteriores entradas