Canon EOS 40D, lanzada oficialmente

En Trebellos nos fixemos eco a comezos de Agosto dos rumores dunha Canon EOS 40D a finais do mes, como finalmente sucedeu.
Esta cámara ten un sensor CMOS de 10.1 Megapíxeis, saca fotografías tanto en JPEG como RAW, 9 puntos de enfoque, un rango ISO de 100 a 1600, velocidades de disparo de 1/8000 a 30 segundos e rangos de cor sRGB ou Adobe RGB.
Mide 145.5×107.8×73.5 milímetros e pesa 740 gramos, bastante lixeira e manexábel pra as cualidades que ten.
Máis información: Canon
En Trebellos: Canon EOS 40D, a finais de Agosto

Os rapaces de Asus veñen de presentar o F9S-2P006C, un modelo de ordenador ultraportátil que pode dar que falar, pois está bastante ben.
O xigante nipón Sony ven de anunciar que retira do mercado e recollerá as cámaras DSC-T5 dos usuarios que as mercaron, pois a Cybershot DSC-T5 está mal rematada e os seus bordes poden dañar ou cortar a man das persoas que intenten sacar unha foto, algo realmente tremendo.
Xa comezan a verse fotos da nova Canon EOS40D, a cámara que viría a sustituir á antiga 30D e que supostamente sairía a finais de este mes de Agosto.

Co gallo do Dia Mundial do Medio Ambiente Sony ven de presentar un prototipo dunha camara dixital que funciona sen enerxía electrica. A Sony Spin N´Snap leva dous buracos cunha dobre función: recargar de enerxía e mais visor da camara.
HDR é o nome dunha técnica de procesamento de fotografías que trata de incluir un maior rango de luminosidade nas nosas imaxes. A técnica é moi usada en entornos 3D para recrear esceas.