Rumor: R co iPhone
A Trebellos chegáronnos informacións de que R andivo en conversas con Apple para tentar ter o iPhone entre os seus clientes.
O día dos inocentes xa pasou e a fonte de onde obtivemos este rumor pode ser considerada como bastante fiábel. De feito Apple podería ter enviado algúns terminais de proba a técnicos de R para que probasen as súas capacidades dentro da rede da operadora galega.
Por razóns obvias non temos fotos que testifiquen o evento, mais que unha operadora como R consiga entablar conversas con Apple, ao menos para min é un orgullo e unha demostración do ben que están a facer as cousas dende a dirección da cableira galega.
¿Haberá iPhone con R? Como é de agardar, hai moitas operadoras interesadas, mais o feito de que o iPhone se distribúa cun operador en exclusividade e ao non ter R cobertura propia no territorio español maxino que bota para atrás esta posibilidade… mais quen sabe.

Fai un tempo falabamos de que
Mancomun.org e a Consellería de Innovación e Industria ven de publicar o primeiro corrector gramátical de galego para OpenOffice, chamado 
Vense de presentar neste mes de Xaneiro a version 1.0 do sistema operativo en galego Trisquel logo de dous anos e medio de desenvolvemento. Trisquel é unha distribución linux, baseada no proxecto Debian que conta con distintas versions, Trisguel (baseado en GNOME), Triskel (baseado en KDE) e Trisquel Peme (pensado para o seu uso nas Pequenas e medianas empresas). Este sistema operativo 100% libre e en galego trae de serie un conxunto de aplicacions pensadas para todo tipo de usos segundo da versión. Todas traen a suite ofimática OpenOffice 2.0, navegador web e un entorno completo en galego ademais de un instalador que fai automática a detección de hardware.
Contan en
Para todolos usuarios de MacOSX que queiran dispoñer dun acceso directo a diccionario da Real Academia da Lingua Galega no seu dashboard, existe dende fai un tempo o widget 