Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Mantén fresquiña a Wii este verán

Refrixerador pra a Nintendo WiiSe es un posuidor da Nintendo Wii, terás que ter coidado, como con calqueira outro trebello nestes días a raíz da excesiva calor e de que unha excesiva temperatura pode facer que non funcione de todo ben.

Porén, acaba se sair á venda un pequeno ventilador pra a consola de Nintendo no país nipón pra, precisamente, protexer á consola de que se quente demasiado.

Funciona de tal xeito que, aproveitando un dos portos USB (tranquilo, colle un pero ofrece dous, así que saes gañando) se alimenta e así refrixera a consola dun xeito bastante silencioso (-25 dBA).

Sentímolo mais, polo dagora só está á venda en Xapón, así que só nos queda agardar que chegue por estes lares cedo.

Vía: Akihabara News


A nova PSP Slim, por 169 euros

PSPSlim

Fai uns días se presentou unha nova versión da portátil de Sony, a Playstation Portable, mais é agora nestes días cando se desvelan os datos suficientes sobre esta actualización que pode dar que falar.

A nova PSP é un 33% máis lixeira e un 19% máis fina, e ademais conta con unha saída de vídeo pra poder xogar, por exemplo, nun televisor .

Os tempos pra cargar melloraron bastante e ten unha autonomía destacada, probábelmente pra loitar contra a súa principal rival, a Nintendo DS, que destaca pola súa batería.

A nova PSP estará á venda en negro, en plata, e nunha edición da Guerra das Galaxias, a partir de 169 euros. Non se sabe data de saída ao mercado, pero se comenta Setembro como data probábel.

Máis información: Vídeo da PSP Slim


Ruxe-ruxe: o iPhone unha videoconsola portátil?

Nintendo AppleCada día chegan novos rumores sobre o iPhone (do que xa falamos moito en Trebellos.org) pero este é especial, xa que lle abre ao iPhone un novo mercado, os videoxogos.

Seica (aínda son rumores) Nintendo e Apple pensan sacar videoxogos para o iPhone. O que convertiría ao iPhone nun posible competidor da PSP e Nintendo DS, pero como o que fabricaría os xogos sería a compañía Nintendo supoñemos que estes non serán comparables á calidade dos videoxogos das consolas portátiles por iso de non botarse pedras contra o seu propio tellado. pero iso si, os xogos para o iPhone supostamente serán exclusivos.

Os rumores que relacionan a Apple e a Nintendo non son nada novos, pero pode que coa chegada do iPhone convírtanse en realidade. Quén sabe?

Visto en Meristation.


40 horas de batería máis para a Nintendo DS Lite

NDS bateria

Se tes unha unha Nintendo DS Lite e tes medo de que nas vacacións se che agote a batería e non poidas xogar, non te preocupes, este trebello ten a solución.

O Battery Pack para a Nintendo DS permite obter 40 horas de batería adicionais, o que o fai casi un trebello indispensáble para os teus viaxes se é que tes unha Nintendo DS. O trebello engánchase debaixo da batería portátil e funciona con pilas AAA. Pódese mercar en España en tendas on-line e o seu prezo é algo menor aos 15 euros.

Cal é a pega? Que esta expansión da batería fará que a túa Nintendo DS sexa o dobre de grande e se cadra algo incómoda, pero se tes que viaxar e serache difícil atopar un cargador, esta é unha boa solución.

Visto en
Übergizmo.
Máis información:
Búsqueda en Google.


Disco duro para a wii, ¿cando?

WiiBerran forte os rumores que apuntan a que este mes sairá un disco duro para a Consola de Nintendo. E a verdade e que faralle falla para aloxar os titulos da mítica consola dos 90, Neo Geo, que se non recordo mal pesaban un quintal (uns 300 MB sin compresión). O disco duro viría a mellorar a Wii no caso do almacenamento, xa que tan só conta con 512 Mb unha cantidade que se fai un pouco escasa para unha consola de última xeración.

Nintendo non confirma o rumor, pero está claro que cando hai tantos comentarios ó respecto é porque os usuarios botano en falta.

Mais información
: Wii en Technorati


DSiP, VoIP na túa Nintendo DS

DSiPCada vez máis os móbiles estánse a convertir en consolas portátiles xa que o número de videoxogos para móbiles é cada vez maior. Agora parece que as consolas portátiles estánse a achegar aos móbiles.

Grazas a DSiP, os posuidores ou futuros posuidores dunha Nintendo DS, a consola portátil que triunfa no mercado, poderán disfrutar das vantaxes que a VoIP brinda podendo chamar a calquera teléfono se estamos conectados a unha rede wifi. Ademáis a Nintendo DS xa conta con micrófono, altavoces e conexión wifi polo que non fai falla ningún trebello adicional, tan só o software de VoIP que se preve que será gratuito.

O programa usará o protocolo SIP que é o máis usado nas redes abertas de VoIP, polo que para usalo teremos que ter unha conta SIP que nola dará o noso ISP. A primeira versión beta do programa sairá o próximo mes de xuño e aínda non se saben os prezos das chamadas, pero prevese que serán baratas (como xa fan os outros programas VoIP existentes) se chamas a un número nacional e gratuitas se chamas a outro programa de VoIP.

Visto en Xataka.
Máis información: Blog oficial DSiP.


Achégase a peli dos Simpson… e a Xbox vaise preparando

simpsonsxboxTrátase dunha edición especial da Xbox 360, limitada a 100 unidades e ofrecida en eventos especiais, moi probablemente en forma de sorteo, pero a verdade é que os Simpson-maníacos estaríamos ecantados de facernos cunha delas.

O que está claro é que vai a ser unha das poxas estrela en eBay en canto se distribúan unhas cantas delas.


Rumor de teclado pra a Wii

Teclado pra a Wii Vía Ubergizmo nos enteramos de que a Nintendo Wii podería ter un teclado nun futuro.

Todos os posuidores desta consola poden navegar actualmente por internet grazas ao navegador que trae integrado, polo que un teclado sería un complemento ideal para unha navegación máis que cómoda no noso televisor.

Pese a todo, a Nintendo Wii non sería a primeira consola en ter un teclado, pois xa outros experimentos como a Sega Dreamcast tiveron a oportunidade de ter teclado pra navegar pola rede, ou mesmo a actual PlayStation 3 ten algúns teclados (como este sen fíos, de Logitech), mais sería un bo púlo pra, na miña opinión, unha fantástica consola.

Máis información: UberGizmo


PSP agora mais barata

pspPor fin Sony baixa os prezos da PSP en Europa, como xa fixera en EEUU. Si queres mercar unha PSP, e mellor que esperes ata o día 4 de Maio no que o seu prezo descende dos 200 actuais ata 170 euros. Esta rebaixa no hardware ven acompañada con rebaixas nos prezos dalguns xogos, para que te fagas co equipo completo ao menor coste posibel.

Sony pretende así relanzar as ventas desta consola, agora que se pode xogar coa PS3 que acaba de sair ó mercado. ¿Ou cecais Sony pretende obter mais clientes para a súa consola grande?

Via eurogamers


Novidades na Xbox 360

QWERTY
Despois de moitos rumores e prototipos filtrados, por fin Microsoft anunciou de forma oficial a comercialización dun “mini teclado” para os mandos das nosas XBOX 360.

A razón da aparición deste novo accesorio é facilitar a escritura de mensaxes no entorno 360, ademáis de permitir utilizar os novos servizos XBOX Live dos que falaremos máis adiante, podéndonos olvidar así da incomodidade que supuña ter que desprazarse polo teclado virtual. Para pode-lo utilizar simplemente teremos que conecta-lo no conector jack do mando, como facemos hoxe en día co head set, que deixará de ser necesario, posto que o QWERTY traerá o seu propio.

Segue lendo »


« Anteriores entradasPosteriores entradas »